Celso Bugallo
| Celso Bugallo | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | Celso Bugallo Aguiar 12 de marzo de 1947(66 anos) Vilalonga, Sanxenxo, |
|||||||||||
| Ficha na IMDb | ||||||||||||
|
||||||||||||
Celso Bugallo Aguiar, nado en Vilalonga (Sanxenxo) o 12 de marzo de 1947, é un actor galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
A súa andaina no mundo da interpretación empeza nos anos 70. Ten unha longa experiencia no teatro é o fundador das compañías Olimpo e Zanahoria, e pertenceu aos grupos teatrais Lope de Rueda e Adefesio Teatro. Leva a cabo diversas montaxes en Galicia entre 1988 e 1992, promovendo a Aula de Formación de Actores de Pontevedra (AFAP). Dirixiu diversas obras teatrais como Preludio al teatro, El daño que hace el tabaco ou El despertar, entre outras.
É unha das facianas máis familiares nas series e películas galegas recentes, aínda que a nivel nacional, o recoñecemento chegoulle da man de Alejandro Amenábar, co seu papel de irmán de Ramón Sampedro na película Mar Adentro, interpretación que lle valeu un Premio Goya ó mellor actor de reparto.
Filmografía [editar]
- A lingua das bolboretas (1999), de José Luis Cuerda. Como Cura.
- Lena (2001), de Gonzalo Tapias. Como Matón.
- Entre bateas (2002) (TV), de Jorge Coira. Como Cura.
- Os luns ó sol (2002), de Fernando León de Aranoa. Como Amador.
- Lentura (2003), de Manuel Iglesias Nanin. Como Avó/Antón.
- O lapis do carpinteiro (2003), de Antón Reixa. Como Pai de Herbal.
- Secuestrados en Xeorxia (2003) (TV), de Gustavo Balza. Como Secretario Ministerio AA.EE.
- Na terceira hora (2004), de Xacobe Vidal.
- A vida que che espera (2004), de Manuel Gutiérrez Aragón. Como Severo.
- Mar adentro (2004), de Alejandro Amenábar. Como José Sampedro.
- Para que no me olvides (2005), de Patricia Ferrerira. Como Ancián.
- Omar Martínez (2006) (TV), de Pau Martínez. Como Entrenador.
- Salvador (2006), de Manuel Huerga. Como Padre de Salvador.
- Chapapote... o no (2006) (TV), de Ferrán Llagostera. Como Alfonso.
- La noche de los girasoles (2006), de Jorge Sánchez-Cabezudo. Como Amadeo.
- 53 días de invierno (2006), de Judith Colell.
- Los sultanes del Sur (2006), de Alejandro Lozano. Como O Tejano.
- Los Totenwackers (2007), de Ibón Cormenzana. Como Coxo.
- Pudor (2007), de David Ulloa e Tristán Ulloa.
- Amador (2010), de Fernando León de Aranoa, como Amador.
- Crebinsky (2011), de Enrique Otero.
Televisión [editar]
Personaxes episódicos [editar]
- Mareas vivas (1998). TVG.
- Periodistas (1998). Telecinco.
- Rías Baixas (2000). TVG.
- Fíos (2001). TVG.
- Galicia Express (2001). TVG.
- Terra de Miranda (2001). TVG.
Teatro [editar]
Galardóns e nomeamentos [editar]
2002 [editar]
- Premio Chano Piñeiro ó actor revelación por Os luns ó sol.
- Premio Mestre Mateo ó mellor actor de reparto por Os luns ó sol.
2004 [editar]
- Nomeado aos Premio Mestre Mateo ó mellor actor de reparto por A vida que che espera.
2005 [editar]
- Premio Goya ó mellor actor de reparto por Mar Adentro.
- Premio da Unión de Actores ó mellor actor secundario por Mar Adentro.
- Premio Pedigree de honra da Festival de Cans.
- Nomeado ó Premio da Asociación Cronistas de Espectáculos de Nova York (ACE) ó mellor actor de reparto por Mar Adentro.
- Nomeado ó Premio del Círculo de Escritores Cinematográficos ó mellor actor secundario por Mar Adentro.
2007 [editar]
- Nomeado ó Premio del Círculo de Escritores Cinematográficos ó mellor actor secundario por La noche de los girasoles.
2009 [editar]
- Nomeado aos Premio Cidade de Pontevedra polo seu traballo en favor de Pontevedra.
- Nomeado aos Premios Mestre Mateo ó mellor actor de reparto por Agallas.
2011 [editar]
- Premio do xurado á mellor interpretación masculina da Festival de Cans por El Grifo.