Lingua totoró

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Totoró
Namtrik
Falado en: Colombia
Rexións: Cauca
Total de falantes: 76 (2012)[1][2]
Familia: Americana
 Barbacoana
  Setentrional
   Coconuco
    Totoró
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: ttk
Mapa
Status

O totoró está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[3]

A lingua totoró é unha lingua indíxena da familia barbacoana.[4] É falada no concello de Totoró, no departamento do Cauca por algunhas ducias de persoas do grupo étnico totoroez ou tontotuna. O totoró é unha lingua en perigo de extinción xa que, duns 9 mil indíxenas totoró que compoñen o grupo étnico,[5] só algúns deles son falantes da lingua. Aínda que existe un forte desexo de recuperar a cultura orixinal,[6] o futuro da lingua non é prometedor.

Dende o punto de vista lingüístico, o totoró está estreitamente relacionado co guambiano, cuxas variantes dialectais serían as linguas de Guambía, Quizgo, Ambaló, Coconuco e Tororó, que conforman o grupo coconucano da familia lingüística barbacoana.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gonzales Castaño, Geny (2013) ¿Quién necesita una lengua?. Popayán: Universidad del Cauca, p. 7.
  2. "A lingua totoró en Ethnologue". Consultado o 17 de abril de 2021. 
  3. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  4. Curnow, T., & Liddicoat, A. (1998). "The Barbacoan Languages of Colombia and Ecuador". Anthropological Linguistics 40(3): 384-408.
  5. DANE (ed.). "Población indígena de Colombia. Resultados del Censo Nacional de Población y Vivienda 2018" (PDF) (en castelán). Consultado o 16 de abril de 2021. 
  6. Pabón Triana, 1995

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Adelaar, Willem (2004). "2. The Chibcha Sphere". The Languages of the Andes. Cambridge University Press. pp. 141-55. ISBN 978-0-521-36275-7. 
  • Pabón Triana, Marta (1995): "La Lengua de Totoró: historia de una causa", en Lenguas aborígenes de Colombia (VII Congreso de Antropología; Simposio ‘La recuperación de lenguas nativas como búsqueda de identidad étnica’; Medellín, xuño de 1994), Memorias 3. Bogotá: Universidad de los Andes, Centro Colombiano de Estudios de Lenguas Aborígenes.
  • Gonzales Castaño, Geny (2019) "Una gramática de la lengua namtrik de Totoró". Tesis doctoral, Université Lumière Lyon 2.