Carles Casajuana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carles Casajuana.

Carles Casajuana i Palet, nado en Sant Cugat del Vallès en 1954, é un escritor e diplomático catalán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Economía e Dereito pola Universitat de Barcelona, ingresou no corpo diplomático en 1980. Exerceu esta actividade en Bolivia, as Filipinas e na sede das Nacións Unidas en New York. Entre 1991 e 1996 traballou para o secretario xeral de Política Exterior do Ministerio de Asuntos Exteriores de España. Posteriormente foi nomeado embaixador de España en Malaisia, Vietnam e Brunei, e entre 2001 e 2004 formou parte do Comité político e de seguridade do Consello da Unión Europea. Dirixiu o Departamento de Política Internacional e Seguridade do gabinete de presidencia español, até o seu nomeamento coom embaixador no Reino Unido en agosto de 2008.

Como escritor publicou diversas novelas, algunhas delas traducidas ao castelán e o inglés, e un ensaio sobre Josep Pla e Nietzsche.

Obra[editar | editar a fonte]