Josep Pla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Josep Pla i Casadevall»)
Infotaula de personaJosep Pla

Josep Pla en 1917
Nome orixinalJosep Pla i Casadevall
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1897
Palafrugell, Girona
Morte23 de abril de 1981 (84 anos)
Llofriu, Girona
Lugar de sepulturaCementiri de Llofriu (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Residenciamas Pla (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeCataluña catalán
EducaciónUniversidade de Barcelona
Actividade
Ocupaciónescritor , xornalista , crítico literario Editar o valor em Wikidata
Período de tempoSéculo XX Editar o valor em Wikidata
Partido políticoLliga Regionalista Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNovela e ensaio
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
El quadern gris
Premios

Páxina webfundaciojoseppla.cat
Find a Grave: 7529563 Editar o valor em Wikidata

Josep Pla i Casadevall, nado en Palafrugell o 8 de marzo de 1897 e finado en Llofriu o 23 de abril de 1981, foi un escritor catalán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de pequenos propietarios rurais do Empordà, fai o bacharelato en Xirona, comeza a carreira de medicina en Barcelona, que deixa para estudar dereito. Tras licenciarse exerce o xornalismo primeiro en xornais locais e logo a partir de 1918 como profesional en Las Noticias e posteriormente en La Publicitat. Exerceu de correspondente de La Veu de Catalunya en Francia, Gran Bretaña, Italia, Alemaña ou a URSS.

Militante da Lliga Regionalista, en 1921 saíu elixido deputado provincial polo distrito de Bisbal. Durante a Segunda República española viviu en Madrid, aínda que seguiu colaborando en La Veu de Catalunya. En 1936 co inicio da Guerra civil española marchou a a Francia e a Italia para pasar posteriormente á España nacional, estableceuse en Donostia e colabora co Diario Vasco entre outubro de 1938 e xaneiro de 1939. Coa ocupación de Cataluña volta e foi subdirector durante tres meses no xornal La Vanguardia, denominada entón La Vanguardia Española e posteriormente entra na redacción da revista Destino, da que se converte no principal ideólogo.

O primeiro libro que publicou foi Coses vistes (1925). Outras obras foron Rússia (1925), Llanterna màgica (1926), «Relacions» (1927), Vida de Manolo (1928), Cartes de lluny (1928), Cartes meridionals (1929), Madrid (Un dietari) (1929), Francesc Cambó (1928-1930), Vint-i-cinc anys de política catalanista (1931), Madrid (L'adveniment de la República) (1931), Viatge a Catalunya (1934), Cadaqués (1947), Bodegó amb peixos (1950), L'illa dels castanyers (1951), Pa i raïm (1951), Un senyor Barcelona (1951), El carrer estret (1952), Llagosta i pollastre (1952), El vent garbí (1952), Girona (1952), «Els pagesos» (1952), «Nocturn de primavera» (1953), «Els anys» (1953), Les hores (1453), Contraban (1954), Peix fregit (1954), L'Empordanet (1954), Cartes d'Itàlia (1955), Santiago Rusiñol i el seu temps (1955), Els moments (1955), Week-end d'estiu a Nova York (1955) e De l'Empordanet a Barcelona(1956).

Logo da guerra civil publicou versións en castelán pola imposibilidade de facelo en catalán, lingua na que sempre escribiu; entre a súa produción desa época destacan Historia de la Segunda República Española (1940-41), que vai rexeitar posteriormente, Guía de la Costa Brava (1941), Las ciudades del mar (1942), Viaje en autobús (1942), Rusiñol y su tiempo (1942), El pintor Joaquín Mir (1944), Un señor de Barcelona (1945) e La huida del tiempo (1945).

En 1956 comeza a publicar as súas Obras Completas, que chegaron aos vinte e nove volumes e que quedaron incompletas pola morte do editor. En 1966 comeza con El quadern gris a publicación das Obras Completas na editorial Destino.

En galego apareceu traducido en 1999 Viaxe por Galicia: de Ribadeo a Tui, crónica dunha viaxe realizada por Pla a Galicia.