Capacidade
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que compartirían o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Permite distinguir dous ou máis significados da mesma palabra ou expresión. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizá desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. |
O termo capacidade pode estar referido a:
- En matemáticas, a capacidade analítica é unha función matemática ou xeométrica.
- En física, a capacidade calorífica, ou capacidade térmica, é a capacidade da materia para almacenar calor.
- En anatomía e antropoloxía, a capacidade cranial é a medida do volume do interior do cranio.
- A capacidade de absorción.
- A capacidade de almacenamento.
- Nun local, a capacidade de asento refírese ao número de persoas que poden sentar nun lugar, nos termos do espazo dispoñíbel ou do sistema de limitacións por lei. Tamén se chama aforo.
- En teoría da información a capacidade de canle é a capacidade dunha canle de comunicación é a cantidade máxima de información que pode transportar dita canle de forma fiábel.
- En ecoloxía, a capacidade de carga de poboación é a capacidade dun ambiente para soster unha especie.
- A capacidade de difusión.
- En dereito a capacidade de obrar refírese á calidade xurídica dunha persoa física para realizar validamente determinados actos xurídicos.
- En química industrial, a capacidade do proceso é a cantidade de produto que se obtén nun proceso de fabricación por unidade de tempo.
- En electricidade, a capacidade eléctrica é a propiedade dun condutor para almacenar carga eléctrica. Véxase condensador.
- En arquitectura e enxeñaría da construción, a capacidade portante é a capacidade dun terreo para soportar estruturas apoiadas sobre el sen perder a estabilidade.
- En bioloxía, a capacidade tóxica é a capacidade dun organismo, un sistema orgánico ou un ecosistema de soster a introdución dunha toxina.
- En dereito, a capacidade xurídica refírese á posibilidade legal de facer certos actos, tales como a celebración dun contrato.
Tamén a capacidade pode ser o volume que ocupan os líquidos dentro dun recipiente.