Campo de concentración de Mauthausen-Gusen
| Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Por favor, vexa a lista de Artigos con problemas e de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero, por favor, non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado (se fose posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico). (Desde xuño de 2007.) |
| Faltan ligazóns internas neste artigo ou sección. Por favor, axude wikificándoo. |
O campo de concentración de Mauthausen (dende o verán de 1940, Mauthausen-Gusen) foi un grupo de 49 campos de concentración nazis situados ao redor da pequena localidade de Mauthausen en Austria, aproximadamente a 20 quilómetros de Linz. O campo foi establecido o 8 de agosto de 1938, e foi o 5 de maio de 1945, baixo o mando de Franz Ziereis cando foi liberado, pola 41º Escuadra de Recoñecemento da 11º División Acoirazada do Exército dos Estados Unidos.
A diferenza de moitos outros campos de concentración, Mauthausen foi usado sobre todo para a exterminación de intelectuais, xente culta e membros das clases máis altas dos países dominados por Alemaña durante a Segunda Guerra Mundial. Ata comezos de 1940, o grupo máis numeroso de internos compúñase de socialistas alemáns, homosexuais e romaneses. En 1940 un grande número de polacos foi trasladado ao complexo Mauthausen-Gusen, na súa maioría artistas, científicos e profesores.
Dende o 6 de agosto de 1940 tamén houbo grupos de españois que foron transferidos ao campo, provenientes dos Stalags ou campos de prisioneiros de guerra. Tratábase de exiliados españois que, tras saír de España en 1939, foran encadrados no Exército francés e que no momento da invasión de Francia pola Wehrmacht foron capturados polas tropas alemás. En total entre 1940 e 1945 pasaron por Mauthausen e ós seus subcampos preto de 8000 españois, dos cales faleceron ao redor de 6000[1].
A finais de 1941 chegaron numerosos prisioneiros de guerra soviéticos. Era o primeiro grupo destinado a morrer nas cámaras de gas, a comezos de 1942. Antes, os prisioneiros que xa estaban exhaustos foran transferidos ao Castelo de Hartheim, onde a cámara de gas e un forno crematorio levaban funcionando dende 1940.
En 1944 foi internado un numeroso grupo de xudeus húngaros e holandeses. A maior parte deles morreron como consecuencia dos traballos forzados e as nefastas condicións, ou foron arroxados pola canteira de Mauthausen (alcumada como a Parede de Paracaídas polas gardas das SS). Durante os meses finais da guerra, aproximadamente 20.000 prisioneiros doutros campos de concentración foron levados ao complexo.
O número estimado dos prisioneiros que pasaron por todos os subcampos é 235.000; a maior parte deles foron obrigados a facer traballos forzados na canteira de granito Wienergraben. Aproximadamente 122.000 foron asasinados. As condicións de vida eran sumamente sórdidas; todos foron mal alimentados, e as enfermidades sen unha asistencia médica apropiada causaban estragos.
No mes setembro de 1944 abriuse no complexo un campo para mulleres, coincidindo coa chegada de prisioneiras dende Auschwitz. Eventualmente máis mulleres e nenos foron internados en Mauthausen procedentes de Ravensbruck, Bergen Belsen, Gross Rosen, e Buchenwald. Con eles chegaron tamén algunhas matronas.
Varios subcampos de Mauthausen incluían fábricas de armas e municións, canteiras, minas e plantas de montaxe do Messerschmitt Me 262 (o primeiro avión de combate a reacción). Ademais, os internos foron usados como escravos en granxas próximas. Os que traballaban nas canteiras, facíano durante 12 horas ao día ata quedar totalmente esgotados. Despois eran transferidos a outros campos de concentración para ser exterminados, ou ben eran eliminados cunha inxección letal no propio campo, e incinerados nun crematorio local.
Índice |
Exilio [editar]
Durante os últimos meses da Guerra Civil española, interminables fileiras de familias enteiras, viúvas, orfos, soldados malferidos, camións con tropas que fuxían do avance franquista, cruzaron os Pirineos en busca do exilio. Todos deixaban atrás coa mirada a súa patria. Moitos xa non a volverían a ver. Alí, ao norte de Perpiñan localizábanse St. Cypren, Barcorés, Argeles, e alí mandou o goberno francés aos expatriados españois. As condicións destes lugares eran deprimentes pola miseria, as humillacións e a desocupación. A única escapatoria era encadrarse nunha das Compañías de Traballadores Españois organizadas para erixir, entre outros labores, as fortificacións da Liña Maginot, cando os nazis abalanzábanse sobre o país galo. Iso, ou alistarse en l’Armeé para batallar ao fascismo. Os que elixían está ultima opción eran, xeralmente, detidos polos alemáns e enviados a un Stalag en Prusia. Nestes campos de prisioneiros de guerra, os alemáns agrupaban aos reclusos segundo a súa nacionalidade e daban parte ao seu país de orixe. Os españois, todos republicanos, anarquistas e comunistas, foron vilmente repudiados por Franco que contestou que os verdadeiros españois estaban xa en España. Pasaban a ser apátridas e enviados a un campo de concentración.
”Vós que entrades, deixade aquí toda esperanza” Son as palabras que rezaba a porta do Inferno de Dante e que podían lerse no letreiro de benvida do campo.
En agosto de 1940, procedente dun campo de prisioneiros de Prusia Oriental, chegou á estación de Mauthausen un tren de transporte de gando. Ao abrirse as portas dos vagóns, en lugar de animais, centos de homes extenuados pola calor, precipitáronse á plataforma baixo os berros de Raus, raus! (fora!) Schnell, schnell! (rápido!) dos SS. Foran tres días de inhumana viaxe neses pequenos compartimentos, sen comer, sen beber, ás escuras, viaxando de noite para que a cruel imaxe non fose vista polas poboacións, e rodeados de corpos inertes por asfixia. A culatazos, e entre dentadas de cans alemáns, os 300 pasaxeiros do tren da morte foron conducidos a pé por unha senda cara a un penedo no que se adiviñaban uns muros de pedra branca. Non eran xudeus, non eran xitanos, nin tan sequera alemáns contrarios a Hitler. Eran españois.
A desinfección [editar]
Os Zügander (recentemente chegado) dirixíanse aos barracóns de corentena para que unha vez alí os doutores nazis seleccionasen aos útiles para o traballo e condenasen á morte aos máis anciáns ou enfermos. Con todo, as primeiras remesas de deportados foron confinados directamente en barracóns-dormitorio. Aos aptos, se lles zurcía un número de identificación no traxe e ós fisicamente débiles eran encerrados de 120 en 120 na cámara de gas. A maioría de españois foron enviaron á ducha, os afeitaron de xeito total e pasaron pola desinfección. Un grupo de cen foron enviados ao barracón 12 e repartíronlles os uniformes a raias negras e grises. Ao día seguinte foron conducidos a unha canteira a buscar pedras.
Barracóns españois [editar]
Os barracóns 11, 12 e 13 ocupábanos na súa maioría españois. Era fácil distinguilos porque os SS coseron nos seus raiados uniformes un triángulo azul cunha S no seu centro: Spanien. Eran parte da operación Nacht und Nebel (Noite e Néboa), posta en marcha para terminar con todos os adversarios políticos do Terceiro Reich. De feito, moitos dos españois membros da Resistencia francesa foron marcados coas siglas N.N ao ingresar prisioneiros. Dentro dos alpendres, os cativos só se apiñaban para durmir, o resto da xornada permanecían fóra. O interior do barracón dividíase en dúas habitacións con liteiras superpostas dun ou dous metros de longo por un de ancho cubertas de xergóns de palla ou serradura infectados de ácaros.
Vivir en Mauthausen [editar]
Na Appelplace, servían un café aos deportados e os conducían ao seu posto de traballos forzados. Esta praza de chamada estaba rodeada do pétreo edificio da cámara de gas. Alí ían directamente os xudeus que chegaban a Mauthausen. Cerca, unha enorme nave con dúas chemineas que desprendían un nauseabundo fume eterno puñan o epílogo ao macabro proceso. As cinzas humanas eran respiradas polos alí presentes, que rezaban para non terminar nos pulmóns dos seus compañeiros. O recinto completábano outros edificios como as cociñas, a administración ou a enfermería nos que os máis especializados desempeñaban as tarefas máis levadías.
Kommandos [editar]
O soño era perturbado e espertábanse cedo polos berros dos kapos que obrigaban aos angustiados presos a formar diante do barracón. Os kapos eran designados polas SS para que se puxesen ao mando dos Kommandos (grupos de traballo). A súa vara de boi coa que atormentaban ás súas vítimas, fixo que fosen os seres máis temidos de todo o campo, máis aínda que os propios gardiáns. Na súa maioría tratábanse de criminais alemáns ou austríacos que cumprían a súa pena sementando o horror, pero tamén os houbo españois que se esqueceron de quen eran os seus irmáns. O resto de Kommandos eran enviados á canteira do campo ou ao exterior: a fábricas, a construír estradas, residencias para os nazis, vías férreas ou encanamentos... As SS valoraban especialmente a cualificación dos Rotien Spanien e algúns ocuparon postos de eléctricos, fotógrafos, lavandeiros ou cociñeiros.
Tras cinco horas de traballo baixo malleiras, patadas e vexacións, os cativos recuperaban as súas poucas forzas cun pouco de col, nabos e pan. Logo seguían ata o anoitecer. De volta ao barracón, os kapos recontaban ao Kommando e daba o parte de falecidos durante a xornada. A continuación, repartían un anaco de salchichón ou mortadela, un caldo insípido, unha porción de margarina e unha ración de negro pan para a cea.
Hartheim [editar]
Mauthausen foi o campo máis rendible da Alemaña nazi. Cando en 1938 abriu as súas portas, nin o dirixente máis optimista da cúpula nazi imaxinaba que alí se ían a concentrar ás principais industrias do Reich.
Empresas como Bayer, Siemens ou a armamentística Messerschmitt instalaron centros de produción no campo. A farmacéutica podía así experimentar en persoas vivas os futuros medicamentos das tropas da Werhmacht. Deste xeito, miles de presos foron enviados ao próximo Castelo de Hartheim onde os científicos nazis inxectaban nas súas cobaias humanas todo tipo de sustancias: gasolina, os virus do tifus, da tuberculose... Estes profesionais da morte realizaban esterilizacións, experimentaban con hormonas e seme de animais en mulleres, e disecionaban corpos vivos para a investigación. Todo o que visitaba ese lúgubre lugar volvía nun camión e remataban no lume.
Wiener Graben [editar]
O campo de Mauthausen sempre será recordado pola súa canteira. Miles de deportados picaron na parede branca da Wiener Graben. Desa montaña de pedra, os picapedreiros españois, extraían o granito que logo era empregado para construír rúas, edificios ou mausoleos por toda a Gran Alemaña. O xacemento granítico foi a tumba de multitude de seres humanos que, exhaustos, eran executados polos SS ante un parón inxustificado na súa letal rutina.
186 chanzos [editar]
Tras picar no muro da canteira, os reclusos, cunha mochila de correas ou sobre unha padiola de taboleiros, conducían as enormes pedras de máis de trinta quilos a outro dos lugares coñecidos do Holocausto: a escaleira de Mauthausen. Os seus 186 chanzos unían a canteira co campo. Ao chegar os carrexadores a ela, eran obrigados a subir a descomunal carga entre os berros dos SS. Moitas veces os sádicos alemáns lanzaban ao baleiro a quen intentaban axudar a un compañeiro. Cando os seus ósos estrelábanse contra o chan, os camisas grises ouveaban: "Parachutt, parachutt"(Paracaidista). En ocasións, a pesada pedra era substituída polos cadáveres dos falecidos na canteira. Ese tramo converteuse no paraíso da morte. Alí, os kapos ou os gardiáns montaron a súa particular atracción do terror na que se divertían vendo como as moles de roca esmagaban aos corpos.
A solidariedade [editar]
O calvario diario non evitou que os españois creasen unha formidable organización clandestina que logrou introducir algúns homes nos kommandos principais do campo. Así, houbo cociñeiros que obtiñan racións extra de azucre ou marmelada ás furtadelas, carpinteiros que gardaban o serrín para anular os efectos da disentería cando era inxerido, electricistas que fabricaron radios, granxeiros que privaban aos animais de alimentos que aos cativos resultábanlles manxares ou fotógrafos, que fixeron as instantáneas que condenaron a moitos nazis nos xuízos de Núremberg. Logo todos eses bens destinábanse á solidariedade. Todo era de todos. Esa unión dos triángulos azuis españois espertou a admiración de checos, polacos e iugoslavos, e a ira nos SS, co que a bestialidade aumentaba ao ver a protección entre os Rotien Spanien.
Os días finais [editar]
Durante os últimos días da guerra, a superpoboación do campo fixo máis penosa a situación. A chegada de novos deportados procedentes doutros campos de concentración esixía a eliminación dos máis débiles, ou dos xudeus ou rusos que alí había. Os soviéticos convertéronse en obxectivo da ira nazi. As derrotas na fronte alimentaron o odio dos SS e o frío do inverno siberiano reviviuse en Mauthausen cos papeis cambiados. Os caprichosos alemáns puñan en funcionamento as mangueiras de rega, algúns quedaban sufocados pola auga e afogábanse; os demais tampouco sobrevivían: morrían aterecidos. Todos os días, dez presos perdían así a vida. Pero isto non terminaba aí. Os reclusos eran forzados a despegar os corpos dos soviéticos conxelados e a trasladalos aos fornos crematorios.
Morrer en Mauthausen [editar]
Os meses pasaron entre exterminio e rumores do discorrer da guerra. Cada día era unha proba de supervivencia na que había que sortear as distintas formas nas que se presentaba a morte coa súa gadaña. A cámara de gas funcionaba con frenesí. Pero non unicamente o cianuro francés e os gaseamentos con Zyclón B sementaban de cadáveres as preciosas paraxes do Tirol austríaco. A arbitrariedade coa que os oficiais das SS percutían as súas armas apuntando á caluga dos deportados, os aforcamentos na Appelplace ao son da peza francesa J’attendrai ton retour (Eu esperarei a túa volta) e a non menos sarcástica morte dos máis esfameados, aos que os gardiáns invitaban a dar un paseo nun camión no que o tubo de escape enlazaba coa caixa de carga, son outras das crueldades do nazismo.
Pero a morte non se conformaba. A inanición, as epidemias, as palizas, a extenuación física ou os suicidios tamén conduciron os corpos dos prisioneiros aos osarios que nos últimos días de inferno, os nazis apresurábanse a desenterrar para que, unha vez queimados, non quedara pegada do crime.
As presas de Hitler [editar]
Cando o exército de Hitler perdía, os campos aceleraban o exterminio. Non podía quedar ningún xudeu. Os gardiáns elevados nos seus miradoiros practicaban o tiro ao branco sen cuartel e todo aquel que merodeaba preto do aramado electrificado era empuxado a el. Centos de corpos calcinados colgaban do perímetro do campo nos últimos días de cativerio.
A liberación [editar]
Cando chegaron as tropas norteamericanas, os SS abandonaran o campo a noite do 4 de maio, ao oír as explosións das bombas arroxadas polas súperfortalezas B-29 nas proximidades de Linz. Españois, polacos, iugoslavos, franceses, alemáns, italianos e gregos, belgas, soviéticos, checos e austriacos, xitanos, homosexuais, comunistas e algúns xudeus, eran libres.
Os descarnados corpos recibiron asistencia sanitaria dos doutores estadounidenses, pero moitos, 3.000, faleceron a semana posterior á liberación. Os seus organismos estaban esnaquizados polo fame e as enfermidades, e non lograron a salvación definitiva. A irracionalidade humana cebouse con eles e as testemuñas daquilo quedaron marcadas para sempre.
A 11ª División Acoirazada [editar]
Eran as doce e media do mediodía. 23 soldados a bordo de seis tanques, dúas camionetas e dúas patrol do Terceiro Exército norteamericano de Platoon fan unha rolda de recoñecemento preto de Linz, logo da rendición na cidade dos últimos rexementos da Werhmacht que quedaban en Austria. A Primeira Sección da 11º División Acoirazada U.S. avanza por unha estrada que discorre paralela ao Danubio, cando o ruído dunha motocicleta e dun coche branco cunha enorme cruz na súa capota ponlles en alerta e obrígalles a adoptar posición de combate.
Tras detelos, un dos combatentes, co seu revólver desenfundado, interroga en alemán aos ocupantes, aos que fixeron descender do vehículo. Trátanse de dous membros da Cruz Vermella Internacional e de dous capitáns da SS que lles indican que veñen de comprobar máis aló da ponte sobre o río, a menos de dous quilómetros ao leste, un campo con miles de persoas retidas. Ao oír isto, o oficial ao mando do pelotón pide permiso por radio á comandancia para dirixirse cara alí. Co par de SS prisioneiros e tras recibir o visto e prace dos superiores, a sección comeza a dirixirse facía o lugar.
Encontro co horror [editar]
O progreso polas perigosas estradas austríacas faise longo debido á lentitude dos pesados carros de combate. De súpeto, tras ascender un outeiro, a columna detense. Un impresionante muro de pedra granítica levántase ante eles como unha fortaleza medieval. Pouco antes das dúas da tarde, os Sherman M4 e os vehículos de acompañamento cruzan baixo un aguia imperial que sostén unha esvástica nas súas garras mentres preside a porta do campo. Ante os ollos dos soldados que asoman as súas cabezas sobre os acoirazados, esténdese unha visión horrible, algo do que non oíran falar, algo pavoroso: centos de corpos xacen apiñados, mortos. Os vivos son esqueletos agonizantes que emiten queixumes fundidos con tímidas mostras de alegría. É aterrador. Un dos soldados descende dun dos jeeps e ante a masa moribunda que lle abraza exclama: “Sodes libres, podedes regresar á vosa patria”.
Notas [editar]
- ↑ http://www.galiciae.com/nova/11191.html Austria lembra a liberación de Mauthausen