Cabeiro (molusco)
| Cabeiros | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
O escafópodo Antalis vulgaris |
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Ordes | ||||||||||||
Os Cabeiros[1] ou escafópodos (Scaphopoda, do grego skaphe, bote e podos, pé) son un pequeno grupo de moluscos que teñen unha cuncha lixeiramente curvada en forma de cairo de elefante que está perforada polos dous extremos: unha parte anterior que é máis ancha e esta disposta cara abaixo, e unha parte posterior que é máis estreita e está disposta cara arriba xa que é o lugar por onde entre e sae a auga.
Estes animais posúen simetría bilateral e viven enterrados na area ou na lama e teñen un pé furador trilobulado que sobresae pola abertura anterior arredor do cal saen uns tentáculos longos e delgados chamados captáculos que serven para procurar o alimento.
Índice |
Anatomía interna [editar]
Aparato dixestivo [editar]
Estes animais posúen unha masa bucal ben desenvolvida que contén un odontóforo e unha rádula, característicos da maioría dos bivalvos, e que lles serve para esnaquizar e axudar a tragar o alimento. Logo teñen un esófago que se continúa nun estómago que desemboca nun cego onde hai unhas glándulas dixestivas. A continuación está o intestino que bota as feces a través do ano e estas chegan a cavidade paleal e son expulsadas polas correntes de auga que circulan pola mesma.
Sistema nervioso [editar]
E semellante ao dos bivalvos protobranquios pero con dous ganglios bucais que están conectados aos ganglios cerebrais. Como principais órganos dos sentidos están os captáculos que semellan ter unha función táctil e que algún tipo de estímulo fai que o animal comece a enterrarse. Tamén teñen uns estatocistos situados no pé. A cabeza e a cefalización están moi pouco desenvolvidas.
Aparato circulatorio [editar]
En xeral, os escafópodos carecen de corazón e cavidade pericárdica e no seu lugar a circulación funciona por unha serie de senos abertos.
Aparato respiratorio [editar]
Carecen de branquias, e no seu lugar usan os pregos do manto para os procesos de intercambio respiratorio de gases.
Aparato excretor [editar]
Teñen uns órganos excretores tipo nefridio que non están conectados co celoma pericárdico.
Reprodución [editar]
Son animais dioicos, e dicir, de sexos separados (macho e femia). No corpo destes animais aparece unha gran gónada que percorre a metade do corpo. A partir da fecundación aparece unha larva trocófora que sofre unha metamorfose e transfórmase nunha larva velíxera.
Alimentación [editar]
A maior parte da súa alimentación se basea nos detritos e diversos protozoos del substrato. Estes son capturados polos cilios do pé e son levados a boca.
Distribución [editar]
Existen máis de 300 especies de cabeiros[2], sendo todos eles mariños. A inmensa maioría deles viven en augas pouco profundas ou medias, aínda que algúns poucos poden chegar a habitar a grande profundidade (ata 5.000 m).
Distribución en Galicia [editar]
Actualmente só atoparon 6 especies na costa galega, das cales, a máis coñecida é o Dentalium vulgare ou dente de elefante.
Clasificación [editar]
- Orde Dentaliida da Costa, 1776
- Familia Anulidentaliidae Chistikov, 1975
- Familia Calliodentaliidae Chistikov, 1975
- Familia Dentaliidae Children, 1834
- Familia Fustiariidae Steiner, 1991
- Familia Gadilinidae Chistikov, 1975
- Familia Laevidentaliidae Palmer, 1974
- Familia Omniglyptidae Chistikov, 1975
- Familia Rhabdidae Chistikov, 1975
- Orde Gadilida Starobogatov, 1974
- Suborde Entalimorpha Steiner, 1992
- Familia Entalinidae Chistikov, 1979
- Suborde Gadilimorpha Steiner, 1992
- Familia Gadilidae Stoliczka, 1868
- Familia Pulsellidae Scarabino in Boss, 1982
- Familia Wemersoniellidae Scarabino, 1986
- Suborde Entalimorpha Steiner, 1992
Bibliografía [editar]
- ↑ http://digalego.com/diccionario/html/index.php?op=ver&id=26504&opcion=
- ↑ Hickman, C.P., Roberts, L. e Larson, A. Integrated Principles of Zoology, 11ª edición. Editorial McGraw-Hill, Nova York (2001)