Cándido Bareiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCándido Pastor Bareiro Caballero

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de outubro de 1833 Editar o valor em Wikidata
Luque
Morte4 de setembro de 1880 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Asunción
Cargos
Presidente de Paraguai
Período25 de novembro de 1878 - 4 de setembro de 1880
AntecesorHiginio Uriarte
SucesorBernardino Caballero
Datos persoais
País de nacionalidadeParaguai Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomático e político

WikiTree: Bareiro_Caballero-1


Cándido Pastor Bareiro Caballero, nado en Luque, Paraguai, o 27 de outubro de 1833 e finado en Asunción o 4 de setembro de 1880, foi un diplomático e político paraguaio, que foi presidente do seu país entre 1878 e 1880.

Biografía[editar | editar a fonte]

Cándido Bareiro foi un diplomático de prolongada carreira e grande experiencia. Fillo de Luís Bareiro Montiel e Felipa Dolores Caballero Mayor, era neto do soado prócer da independencia paraguaia, Pedro Juan Caballero. Foi alumno do colexio administrado polo mestre arxentino Juan Pedro Escalada.

Máis tarde, o xornal La Libertad de Buenos Aires, en 1877 considerouno de notable familia, que coidou con esmero a súa educación enviándolle a Londres, onde terminou os seus estudos. Integrou o primeiro ilustre grupo de alumnos con destino a Europa, que partiu a bordo do Río Branco, o 2 de xuño de 1858.

Regresou ao país a mediados do mes de decembro de 1863 e recibiu unha gratificación de 200 Guaranís. Non existen datos acerca da culminación dalgunha carreira universitaria. Pero existe un dato curioso, Bareiro figura nunha lista dos principais vendedores de mate ao Fisco no que vai do ano 1853 a 1865. En maio de 1865 foi condecorado coa Orde Nacional do Mérito, ademais, dun decreto que comprendía tamén a José Falcón, Gumersindo Benítez, Carlos Riveros e Andrés Gill. Participou das guerras civís de 1873 e 1874.

Faleceu, por mor dunha curta enfermidade, na cidade de Asunción cando estaba entrando á metade do seu mandato como presidente de Paraguai, o 4 de setembro do ano 1880. O vicepresidente, Adolfo Saguier, non puido sucedelo, porque llo impediu un golpe de estado encabezado polo Xeneral Bernardino Caballero e o ministro do Interior asumiu o mando esa mesma data. Foi contemporáneo de José del Rosario Miranda e Gregorio Benítez.

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

O 21 de marzo de 1864 o goberno procedeu ao nomeamento de Cándido Bareiro como ministro, encargado de negocios da Legación acreditada en Londres e París. A partir de marzo de 1864 ata outubro do ano seguinte tivo que desempeñar dificultosas tarefas que tiñan estreita relación coa marcha da guerra.

Cándido Bareiro era un antigo diplomático do goberno López, foi un importante líder político do posguerra. Foi Ministro ante Inglaterra e Francia. Fundou o “Club Unión” e foi líder de “bareirismo”, participando nas guerras civís de 1873 e 1874. O 21 de marzo se 1864 foi nomeado encargado de negocios da Legación acreditada ante París e Londres. O 30 de xuño de 1869 foi candidato convencional constituínte polo club do Pobo, pero para a súa mala sorte non alcanzou os votos suficientes para a súa consagración. O 22 de agosto foi designado xuíz de comercio, ao mesmo tempo tornouse un dos propietarios do prestixioso xornal “La Voz del Pueblo”, que era dirixido polo xefe de sanidade militar arxentina, o Doutor Miguel Gallegos.

A súa actuación volveuse aínda máis intensa a partir de maio de 1870. Foi secretario de goberno na goberno de Rivarola, participou da revolución de Tacuaral e foi destituído. Estivo na sublevación de Paraguarí e en febreiro de 1874, tamén, na triunfante de Campo Grande. Sendo chanceler durante o goberno de Jovellanos, foi a Europa a emendar o problema dos empréstitos. Foi ministro de Facenda no gabinete de Uriarte despois do 4 de abril de 1877.

Goberno[editar | editar a fonte]

Foi Presidente da República de Paraguai entre o 25 de novembro de 1878 e o 4 de setembro de 1880. Secundoulle na vicepresidencia, Adolfo Saguier. O seu gabinete ministerial era constituído cos seguintes ministros:

  • Juan Antonio Jara, en Facenda.
  • Bernardino Caballero, en Interior.
  • José Segundo Decoud e José Antonio Bazarás en Xustiza, Culto e Instrución Pública.
  • Patricio Escobar e Pedro Duarte, en Guerra e Mariña.
  • Benjamín Aceval e José Segundo Decoud, en Relacións Exteriores.

Durante o seu goberno, Paraguai tomou posesión do territorio do Chaco outorgado polo veredicto arbitral do presidente estadounidense Rutherford Hayes; procedeuse á reforma do Palacio de López, fundouse novas colonias e fíxose posible a chegada de 1723 inmigrantes ao país. Pedro Juan Aponte foi designado bispo de Paraguai e adoptouse o Código Penal arxentino. Asinouse, ademais, o tratado Decoud-Quijarro, con Bolivia, pero non foi ratificado, a Arxentina entregou a Paraguai o territorio da Villa Occidental, actual Villa Hayes, instalouse a primeira fábrica de xeo do país, produciuse ademais, o conflito entre os poderes lexislativo e xudicial, polo exercicio da procuración por parte dos seus membros. O 1 de abril do ano 1880 Cándido Bareiro leu a súa única mensaxe como presidente, en tanto que se discutiu no Senado os proxectos financeiros do executivo e autorizouse o funcionamento dunha lotería de beneficencia.

Presidente de Paraguai

Segue a:
Higinio Uriarte
Cándido Bareiro
Precede a:
Bernardino Caballero