Bora, Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bora»)
Santa Mariña de Bora
igrexa parroquial
ConcelloPontevedra[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°06′29″N 8°35′36″O / 42.10805556, -8.59333333Coordenadas: 42°06′29″N 8°35′36″O / 42.10805556, -8.59333333
Poboación729 hab. (2017)
Entidades de poboación17[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Mariña de Bora é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal en 2008 tiña 814 habitantes (411 mulleres e 403 homes), 58 menos ca en 2000. Ten dezasete entidades de poboación.

A festa patronal, santa Mariña, celébrase os días 22 e 23 de xullo.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita ao norte coa parroquias de Santo André de Xeve (a través do río Lérez), ao sur con Marcón, ao leste con Tenorio e Almofrei (do concello de Cerdedo-Cotobade, a través do río Almofrei) e ao oeste con Mourente. Está atravesada pola estrada N-541.

Historia[editar | editar a fonte]

Sobre os ríos hai dúas pontes antigas. Nunha delas librouse en 1809 unha decisiva batalla na Guerra da Independencia Española contra as tropas francesas do xeneral Ney.

No seu momento pertenceu ao concello de Mourente.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Baldaquino de Bora, con Santiago (á esquerda) e San Pedro (á dereita)
Peto de ánimas dos Gardas Civís de Ponte Bora.

Da igrexa parroquial consérvanse un fragmento dun antigo baldaquino representando a Santiago e San Pedro, hoxe exposto no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

Na parroquia hai tres petos de ánimas[2]:

O peto de ánimas dos Gardas Civís de Ponte Bora está no lugar do Pío, na parede dunha vivenda particular diante da estrada N-541. É de caste pechada e consta de dúas partes: a superior ten dous gardas civís facendo garda con escopeta e baioneta ante unha custodia, e inclúe a data AÑO DE 1851 rodeada do texto FUE DEBOCION D. DIEGO CERVINO. O retablo das ánimas, que aparece no libro de Castelao As cruces de pedra na Galiza, é de pedra policromada, pero coas cores xa esvaídas. Ten a pomba do Espírito Santo sobre a cabeza de Cristo crucificado xunto a dúas Virxes. Baixo deles hai tres ánimas: un bispo con mitra no centro, un cura con bonete á esquerda, e unha muller á dereita. Sobre o retablo aparece o texto HERMS. DEBOTOS DE LAS BENDITAS ANIMAS DEL PURGTO.

O peto de ánimas do Camiño Vello do Río está preto da ponte que cruza o Almofrei cara a Xeve, na parede dunha casa abandonada. É aberto cun pequeno tellado de pedra. O retablo é de pedra policromada cun Cristo na cruz entre dúas Virxes, con tres ánimas baixo eles: un cura con bonete no centro, un home á esquerda e unha muller á dereita.

O peto de ánimas de Tombo é de caste pechada cunha reixa metálica, encaixado na faciana dunha casa vellas. Ten retablo de madeira, en mal estado de conservación.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Bora[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Bora no concello de Pontevedra

Cara | A Cardosa | A Corval | O Couto | A Igrexa | A Lameliña | As Leiras | O Pío | As Pontes | Portamuíño | O Quinteiro | O Salgueiral | O Teso | O Tombo | O Valo | Vilares

Parroquias de Pontevedra[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Pontevedra

Alba (Santa María) | Bora (Santa Mariña) | Campañó (San Pedro) | A Canicouva (Santo Estevo) | Cerponzóns (San Vicente) | Lérez (San Salvador) | Lourizán (Santo André) | Marcón (San Miguel) | Mourente (Santa María) | Ponte Sampaio (Santa María) | Pontevedra | Salcedo (San Martiño) | San Xosé (San Xosé) | Santa María de Xeve (Santa María) | Tomeza (San Pedro) | Verducido (San Martiño) | A Virxe do Camiño de Pontevedra | Xeve (Santo André)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]