Bora, Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santa Mariña de Bora
Ibora.jpg
igrexa parroquial
Concello Pontevedra
Área km²
Poboación (ano 2008) 814 hab.
Densidade - hab./km²
Entidades de poboación 17

Santa Mariña de Bora é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 814 habitantes (411 mulleres e 403 homes), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución do 6,65 % en relación ao ano 2000 cando tiña 872 habitantes.

Limita coas parroquias de Santo André de Xeve, Mourente e Marcón (tamén do concello de Pontevedra) e coas de Tenorio e Almofrei (do concello de Cotobade). Está atravesada pola estrada N-541.

Está delimitada polos ríos Lérez e Almofrei. Sobre eles hai dúas pontes antigas. Nunha delas librouse en 1809 unha decisiva batalla na Guerra da Independencia Española contra as tropas francesas do xeneral Ney.

A igrexa parroquial conserva dúas imaxes en pedra de San Pedro e Santiago datadas no século XVI. Ademais, conserva no muro dunha casa un peto de ánimas mandado facer en 1851 por Diego Cerbiño.

A festa patronal, santa Mariña, celébrase os días 22 e 23 de xullo.

Índice

[editar] Galería de imaxes

[editar] Lugares e parroquias

[editar] Lugares de Bora

Lugares da parroquia de Bora no concello de Pontevedra

Cara | A Cardosa | A Corval | O Couto | A Igrexa | A Lameliña | As Leiras | O Pío | As Pontes | Portamuíño | O Quinteiro | O Salgueiral | O Teso | O Tombo | O Valo | Vilares

[editar] Parroquias de Pontevedra

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Pontevedra

Alba (Santa María) | Bora (Santa Mariña) | O Burgo (Santiago Peregrino) | Campañó (San Pedro) | Campolongo (San Xosé) | A Canicouva (Santo Estevo) | Cerponzóns (San Vicente) | Lérez (San Salvador) | Lourizán (Santo André) | Marcón (San Miguel) | Mourente (Santa María) | Ponte Sampaio (Santa María) | Pontevedra | Salcedo (San Martiño) | Santa María de Xeve (Santa María) | Tomeza (San Pedro) | Verducido (San Martiño) | A Virxe do Camiño de Pontevedra | Xeve (Santo André)


[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas