A Canicouva, Pontevedra
Coordenadas: 42°22′18″N 08°36′51″W / 42.37167°N 8.61417°W
| Santo Estevo da Canicouva | |
|---|---|
| Concello | Pontevedra |
| Área | 4,38 km² |
| Poboación | (Ano 2008) 280 hab. |
| Densidade | 63,9 hab./km² |
| Entidades de poboación | 2 |
Santo Estevo da Canicouva é unha parroquia situada no sueste do concello de Pontevedra. Segundo o INE no 2008 tiña 280 habitantes (157 mulleres e 123 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2007 cando tiña 289 habitantes.
A Canicouva limita ao norte con Tomeza, ao sur con Ponte Sampaio, ao leste con Xustáns e Taboadelo (Ponte Caldelas), e ao oeste con Figueirido (Vilaboa).
Índice |
[editar] Patrimonio
No lugar do Rañadoiro hai un muro-acueduto coñecido co nome de Pardón. No outeiro das Forcadas hai un miradoiro desde o que se aprecia a ría de Vigo e o val de Soutomaior, formado polo río Verdugo.
No lugar do Coto das Saleiras está a Rocha dos Franceses. Segundo a lenda, debaixo dela xacen os soldados mortos na Batalla de Ponte Sampaio durante a Guerra da Independencia Española.
As festas patronais celébrase o día 26 de decembro (santo Estevo).
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares da Canicouva
| Lugares da parroquia da Canicouva no concello de Pontevedra | |
|---|---|