Concello de Mourente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaConcello de Mourente

Localización
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación1841 Editar o valor em Wikidata
Disolución1869 Editar o valor em Wikidata

Mourente foi un antigo concello da comarca de Pontevedra formado polas parroquias de Bora, Marcón, Mourente e Tomeza. Creado en 1841, en 1869 foi anexionado a Pontevedra. Segundo Pascual Madoz, a súa sede estaba nunha casa no propio lugar de Mourente,[1] da que non se garda memoria hoxe. Porén, sospéitase que se trataba dunha casa alugada no lugar de Moldes, tamén na freguesía de Mourente.

Escudo homenaxe do "Ayuntamiento Constitucional de Mourente" nunha fonte da parroquia a carón da estrada N-541.

Historia[editar | editar a fonte]

Trala división territorial de España en 1833, a creación do concello de Mourente foi formulada en 1835 por unha comisión encargada de formar novos concellos, que tivo en conta as demandas das parroquias rurais que querían separarse de Pontevedra.[2]

A segregación foi acordada en pleno o 26 de agosto de 1841 e aprobada pola Deputación o 10 de novembro do mesmo ano. Enmárcase no proceso de división do concello de Pontevedra que implicou igualmente a creación dos concellos rurais de Alba e Salcedo.

Durante a súa existencia existiron varias tentativas de reposición. Entre 1867 e 1868 foi anexionado a Pontevedra, mais o Ministerio de Gobernación anulou a anexión e ordenou recuperar os tres concellos independentes da capital. A incorporación definitiva produciuse en agosto de 1869.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Madoz, Pascual (1846-1850). Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar. Establecimiento tipográfico de P. Madoz y L. Sagasti. 
  2. García, Benigno. Asociación Cedofeita, ed. "O antigo Concello de Alba". Arquivado dende o orixinal o 04/03/2016. Consultado o 05/05/2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]