Apóstolo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Doce Apóstolos")
Segundo o Novo Testamento, os doce apóstolos elixidos directamente por Xesucristo foron:
- Simón, alcuñado Pedro
- André, irmán de Pedro
- Santiago o de Zebedeo ou Santiago o Maior
- Xoán, o menor dos Doce, tamén fillo de Zebedeo. Este foi evanxelista.
- Filipe
- Bertomeu
- Tomé
- Mateo, o publicano (recadador de impostos para os invasores romanos), tamén evanxelista
- Santiago o Menor ou Santiago de Alfeo
- Xudas Tadeo
- Simón, o Celador ou Zelote
- Xudas Iscariote, o que traizoou a Xesucristo.
Despois da resurrección e ascensión de Xesús, e tralo suicidio de Xudas Iscariote, os once apóstolos restantes reuníronse e elixiron a Matías (o evanxelista) para completar novamente o número de doce. Ningún outro seguidor de Xesús, nin sequera da importancia de Paulo ("Apóstolo dos Xentís", ás veces considerado o verdadeiro fundador do cristianismo), se engadiría a este grupo.