Turquesa (cor)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas aproximadas da cor[editar | editar a fonte]

Triplete hexadecimal ##40E0D0
RGB (r, g, b) (61, 179, 177)
CMYK (c, m, y, k) (60, 0, 30, 0)
HSV (h, s, v) (179°, 66 %, 70 %)
A pedra turquesa é un mineral composto basicamente de fosfato de aluminio e cobre.

O turquesa é a cor azul verdosa semiclara, de aspecto brillante, céreo. Denomínase tamén azul turquesa. Ten como referencia de orixe a coloración da xema homónima.[1]

Esta color está comprendida nos acervos iconolingüísticos tradicionais das culturas asiática, europea, norteamericana e mesoamericana.[1]

A turquesa é unha cor estándar, é dicir, que debido ao seu uso popular inclúese en catálogos e inventarios cromáticos; mais, que non conta cunha definición exacta, polo que presenta variacións, sendo, na práctica o turquesa realmente unha familia de cores parecidas entre si, aturquesadas.[1]

Outras cores turquesa ou aturquesadas
   
HTML #3CB3B6 #26AFA6
CMYK (60, 0, 27, 0) (65, 0, 36, 0)
RGB (60, 179, 182) (38, 175, 166)
HSV (181°, 67 %, 71 %) (176°, 78 %, 69 %)
Referencia [1] [1]

Usos[editar | editar a fonte]

Antigas culturas mesoamericanas[editar | editar a fonte]

Ornamento mexica (azteca) en forma de serpente bicéfala, cuberto de mosaico de turquesa. México, séculos XV a XVI d.C.

A turquesa, como xema, era moi apreciada en tempos antigos en norte e centroamérica, sendo obxecto dun activo comercio entre diferentes pobos. Na área de influencia do náhuatl —idioma capaz de complexas metáforas e posuidor dun amplo vocabulario cromático que inclúe a cor turquesa—, o conxunto das coloracións verdeazuladas asociábase simbolicamente coa auga e a vexetación, que se entendían como elementos indispensables para a vida. Algúns materiais preciosos con esta coloración, como a turquesa, o xade e as plumas de quetzal, representaban metaforicamente a auga e a vexetación, e tamén o facían as cores destes materiais.[2]

Así mesmo, un texto náhuatl di que a casa do deus Quetzalcóatl ten «traveseiros de cor turquesa», suxerindo que a cor, e non só a pedra homónima, tiña un valor simbólico asociado coa nobreza e co divino.[3]


Moda[editar | editar a fonte]

Ford Fairlane Crown Victoria de 1956, mostrando unha combinación de turquesa —daquelas en boga— e branco.

A cor turquesa está suxeita aos vaivéns da moda. Foi particularmente popular nos anos 1950.


Turquesa pictórico[editar | editar a fonte]

O turquesa que se adoita ver na pinturas artísticas é tipicamente diferente do anterior. A súa coloración responde á do pigmento empregado nas pinturas comercializadas como de color azul turquesa, turquesa ou bleu turquoise: ftalocianina de cobre bromada.[1] Unha mostra aproximada desta cor:


A similitude desta turquesa pictórica coa cor da turquesa natural faise evidente ao aclarar a pintura con branco, como se ve abaixo.

Azul turquesa aclarado
 
HTML #00969F
CMYK (80, 10, 35, 0)
RGB (0, 150, 159)
HSV (183°, 100 %, 62 %)
Referencia [1]

Cores HTML[editar | editar a fonte]

As cores HTML establecidas por protocolos informáticos para o seu uso en páxinas web inclúen catro tonalidades chamadas turquoise (turquesa):

Pale turquoise Turquoise Dark turquoise Medium turquoise
HTML #AFEEEE #40E0D0 #00DED1 #48D1CC
RGB (175, 238, 238) (64, 224, 208) (0, 222, 209) (72, 209, 204)
HSV (180°, 26 %, 93 %) (174°, 71 %, 88 %) (176°, 100 %, 87 %) (178°, 66 %, 82 %)
Protocolo X11 X11 X11 X11

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Gallego, Rosa; Sanz, Juan Carlos (2005). Guía de coloraciones. Madrid: H. Blume. ISBN 84-89840-31-8.
  2. Dehouve, Danièle (2003). "Nombrar los colores en náhuatl (siglos XVI–XX)". El color en el arte mexicano. México, D.F.: Universidad Autónoma de México. pp. 65–66. ISBN 970-32-0455-4. http://www.danieledehouve.com/images/articles/Nombrar_los_colores.pdf.
  3. Ferrer, Eulalio (2000). "El color entre los pueblos nahuas" (PDF). Estudios de Cultura Náhuatl (México, D.F.: UNAM, Instituto de Investigaciones Históricas) (31): 220. ISSN 0071-1675. http://www.ojs.unam.mx/index.php/ecn/article/view/9235/8613. Consultado o 21 de maio de 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]