Banania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Banania é unha bebida de chocolate popular amplamente distribuída en Francia, Nova Caledonia e Andorra. Está feito de cacao, fariña de plátanos, cereais, mel e azucre. Hai dous tipos de Banania dispoñible nos supermercados franceses: o tradicional que debe ser cociñado con leite durante 10 minutos, e o instantáneo que pode ser preparado de modo similar ao Cola Cao.

Historia[editar | editar a fonte]

Durante unha visita preto do Lago Managua, Nicaragua, en 1909, o xornalista Pierre Lardet descubríu a receita para unha bebida baseada no cacao. Cando el volveu a París, comezou a súa fabricación comercial e, en 1912, empezou a comercializar Banania co cadro das Antillas. A súa imaxe foi substituída en 1915 polo debuxo dun home senegalés cunha ampla sorrisa.

Nos anos 70 e a principios dos anos 80, Banania patrocinaba o Xersei Amarelo do Tour de Francia. En Francia a marca Banania é posuída pola compañía francesa Nutrial, propiedade Unilever dende 2003.