Plátano fritido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Plátano fritido
Tipo de prato
Sobremesa / Snack
Datos
País Cuba
IngredientesPlátano, azucre, ovo, fariña e aceite

O plátano fritido ou chips de plátano é unha sobremesa orixinaria de Cuba, moi estendida por toda América do Sur e Asia. Poden ser doces ou salgadas, dependendo de se o plátano está maduro (doce) ou verde (salgado) e a adición de sal, azucre, mel ou especias.

Variacións[editar | editar a fonte]

Cuba[editar | editar a fonte]

En Cuba, onde tamén se chama mariquitas ou chicharritas o uso do plátano fritido non só é doce, senón que tamén se utiliza como acompañamento en pratos de arroz, carnes e ensaladas.

Resto de América[editar | editar a fonte]

No resto de América, en países como Colombia, Venezuela ou Perú, os plátanos fritidos véndense como petiscos en bolsas, como se fosen patacas fritidas, recibindo o nome de Platanitos, vendéndose comunmente en Europa como produto de exportación.

India[editar | editar a fonte]

Na India, no estado de Kerala, o prato é coñecido co nome de upperi. Frítese o plátano en aceite de coco, podendo usar o plátano verde ou maduro. Ás veces cóbrense con masala ou jaggery para obter variantes picantes ou doces. É unha parte integral da comida tradicional de Kerala chamada sadya, servida en vodas e festas tradicionais como o Onam.

Elaboración[editar | editar a fonte]

Pela-los plátanos e cortalos en cinco anacos cada un. Bate-lo ovo, mesturalo coa fariña e un pouco de auga. Deseguido, utilizar esta mestura para reboza-los anacos de plátano e despois, pasalos á tixola, onde se friten ata que estean dourados. Unha vez retirados os anacos de plátano a un prato, botar unha cullerada de aceite e o azucre con dúas culleradas de auga nunha tixola e cocelo ata que estea ao punto de caramelo. Verter o caramelo quente sobre os anacos de plátanos fritos e servir.