Cola Cao
| Tipo | Sociedade Anónima |
|---|---|
| Fundación | 1946 |
| Matriz | Grupo Nutrexpa |
| Localización | Lepanto 410, 08025 Barcelona |
| Industria | Alimentación |
| Produtos | Cacao |
| Páxina web | comoquierascolacao.com |
Cola Cao é unha marca de chocolate en po da empresa Grupo Nutrexpa. Os seus ingredientes son cacao, azucre, noz de Kola e sales minerais.
Índice |
Historia [editar]
O produto foi creado en 1946, e acadou sona en España na década de 1950 grazas á publicidade na radio, onde se anunciaba coa "canción del negrito", publicitando o produto como «almorzo e merenda ideal». En 1962, coa chegada da televisión a España, empezan os seus primeiros comerciais, que adaptan a sintonía radiofónica a uns debuxos animados.
Dez anos despois, en 1972, Cola Cao pasa a ser «alimento olímpico» ó converterse en patrocinador dos xogos olímpicos de Múnich 72. En 1989 chega a China (高乐高 Gao-le-Gao); e en 1992 volve a ser «alimento olímpico» nos xogos Barcelona 92.
Cola cao ten presenza internacional tamén en Portugal e Chile, onde está presente nas variedades Cola Cao Orixinal, Cola Cao Energy, Cola Cao Baixo en Calorías e os cereais Pillows de Cola Cao.