Río Adour
| Adour | |
|
O Adour en Baiona |
|
| País | Francia |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | Pic Midi de Bigorre |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 335 km |
| Caudal medio | 350 m3/s |
| Conca | 16.880 km2 |
| Desembocadura | Océano Atlántico |
O Adour (en vasco Aturri e en occitano Ador) é un río francés da Gascoña, Occitania que verte as súas augas no Atlántico logo dun curso de 335 km.
Índice |
Percorrido [editar]
Nace nos Pireneos no Pic de Midi de Bigorre, fluíndo desde aí cara o oeste en busca do Océano Atlántico, no cal desemboca, en Laburdi, augas abaixo da cidade de Baiona, practicamente en Anglet.
É o cuarto río máis importante de Francia dos que tributan ás súas augas na fachada atlántica, despois do Sena, o Loira e o Garona, aínda que a súa lonxitude é superada por ríos afluentes como o Dordogne.
Departamentos e localidades principais que atravesa [editar]
- Altos Pireneos: Bagnères de Bigorre, Tarbes, Maubourguet
- Gers: Riscle
- Landes: Aire-sur-l'Adour, Grenade-sur-l'Adour, Saint-Sever, Dax, Tarnos
- Pireneos Atlánticos: Baiona
Principais afluentes [editar]
Pola beira dereita:
Pola beira esquerda:
- Échez.
- Luy.
- os Gaves reunidos, formados pola unión do Gave de Pau e do Gave d'Oloron.
- Bidouze.
- Nive, xúntase ao Adour en Baiona.
Economía [editar]
O Adour no pasado era unha importante vía de transporte de madeira, que se conducía a través das súas augas até o porto de Baiona. Esta actividade mantívose até inicios do século XX, momento no que non puido soportar a competencia do ferrocarril, máis rápido e barato. Aínda hoxe, con todo, é unha boa vía por onde se saca o millo cultivado nas terras interiores.
O río é dos poucos que en Europa aínda se conservan con augas nas que afrezoan ou desovan os salmóns (Salmo salar).