Asubiador americano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asubiador americano
Macho
Macho

Femia
Femia

Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Subfamilia: Anatinae
Xénero: 'Anas'
Subxénero: Mareca
Especie: ''A. americana''
Nome binomial
''Anas americana''
Gmelin, 1789
Sinonimia

Mareca americana (but see text)

O asubiador americano (Anas americana) é un parrulo amplamente distribuído polas zonas húmidas de Norteamérica.

Descrición[editar | editar a fonte]

Son patos de entre 45 e 56 cm de lonxitude. Durante a época reprodutora amosa un forte dimorfismo sexual. Os machos teñen o papo rosado e a parte posterior do corpo negra. O espello das alas, ben visible cando voan e cando están pousados, é branco. Teñen a cabeza agrisada cunha banda verde por detrás dos ollos e outra branca na coroa. Fóra da estación de cría, os machos imitan moito ás femias. Estas son castañas claras, moi semellantes en coloración ás femias do asubiador euroasiático e as do lavanco. Desta última especie e dos outros anátidos, agás o asubiador, distínguense pola forma do corpo. As femias do asubiador teñen a cabeza máis escura e a parte inferior das alas máis gris.

Macho e femia de asubiador americano en Seattle, Washington

Distribución[editar | editar a fonte]

Os asubiadores americanos crían en Canadá, en Saskatchewan, Alberta e Manitoba, e nos Territorios do Noroeste, tamén en Alasca e nos Grandes Lagos.

Son aves migratorias, que pasan o inverno en Texas, Luisiana e na costa do golfo de México. Aparecen de xeito regular, aínda que en pequeno número na Europa occidental.

Conduta[editar | editar a fonte]

Femia con polos

Fóra da época de cría son aves moi gregarias, que forman grandes bandadas. Son moi ruidosos: a chamada típica do macho é un asubío trisílabo, mentres que as femias emiten un gruñido baixo. Viven en áreas húmida abertas, con algunha vexetación alta. Aliméntanse de plantas, que pacen ou arrincan dentro da auga. Fan os niños no chan, preto da auga, agachados debaixo da vexetación. Poñen de 6 a 12 ovos da cor da crema.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Asubiador americano Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]