Johann Friedrich Gmelin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Johann Friedrich Gmelin
Gmelin Johann Friedrich 1748-1804.png
Datos persoais
Nacemento 1647
Lugar Turinxia (Alemaña)
Falecemento 1 de novembro de 1804
Lugar Göttingen, (Alemaña)
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade alemá
Etnia {{{etnia}}}
Cóncuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo {{{campo}}}
Alma mater Universidade de Tubinga
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
Influído por
Influíu en
Premios

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Johann Friedrich Gmelin, nado en Turinxia (Alemaña) o 8 de agosto de 1748 e finado en Gotinga, (Alemaña) o 1 de novembro de 1804, foi un naturalista alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudos[editar | editar a fonte]

Johann Friedrich Gmelin, o fillo maior do médico Philipp Friedrich Gmelin, naceu en 1748 en Tubinga (Alemaña). Estudou medicina co seu pai,[1] na universidade de Tubinga, graduándose como doutor en medicina en 1768 cunha tese titulada Irritabilitatem vegetabilium, in singulis plantarum partibus exploratam ulterioribusque experimentis confirmatam, defendida ante un tribunal presidido por Ferdinand Christoph Oetinger,[2] quen lle deu as grazas coas palabras:
Patrono et praeceptore in aeternum pie devenerando, pro summis in medicina obtinendis honoribus.

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Despois de obter o seu título emprendeu unha viaxe aos Países Baixos, Reino Unido e Austria.

Gmelin obtivo unha praza de profesor de medicina en Turinxia en 1772, e ao ano seguinte as de filosofía e medicina en Gotinga e, en 1775, as cátedras de química, botánica emineraloxía.

Tumba de J. F. Gmelin no cemiterio de Cheltenham Park, Gotinga.

Propiamente dito, Gmelin non foi un zoólogo nin un botánico. Publicou sobre todo traballos de química aínda que supervisou entre 1788 e 1793 a 13ª edición do Systema naturae de Carlos Linneo, que arrequeceu con numerosas modificacións e addendas. Por iso é polo que no sistema binomial de clasificación dos seres vivos o seu nome aparece en varias ocasións.

Johann Friedrich Gmelin foi o pai do químico Leopold Gmelin, e sobriño de Johann Georg Gmelin (1709-1755), explorador, químico e botánico.

Como todos os médicos da súa época, foi un apaixonado de todos os problemas que tiñan relación coas ciencias naturais.

A súa grande obra abarca as más diversas disciplinas: química, farmacoloxía, medicina, botánica, zooloxía e mineraloxía.

Gmelin está soterrado en Gotinga, no cemiterio de Cheltenham Park, en Gotinga.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Allgemeine Geschichte der Gifte, 2 vols, 1776/77
  • Allgemeine Geschichte der Pflanzengifte, 1777. Ein Nachdruck der 2. Auflage von 1803 wurde verlegt bei Dr. Martin Sändig oHG, Walluf bei Wiesbaden 1974, ISBN 3-500-26320-8
  • Allgemeine Geschichte der mineralischen Gifte, 1777
  • Des Ritters Carl von Linné vollständiges Natursystem des Mineralreichs, nach der zwölften Lateinischen Ausgabe. In einer freyen und vermehrten Übersetzung von J. F. Gmelin. 4 Teile, Gabriel Nicolaus Raspe, Nürnberg 1777–1779.[3]
  • Einleitung in die Chemie, 1780
  • Beyträge zur Geschichte des teutschen Bergbaus, 1783
  • Ueber die neuere Entdeckungen in der Lehre von der Luft, und deren Anwendung auf Arzneikunst, 1784
  • Grundsätze der technischen Chemie, 1786
  • Abhandlung von der Wurmtrocknis, 1787
  • "Caroli a Linné, Systema Naturae per Regna Tria Naturae, Secundum Classes, Ordines, Genera, Species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio Decima Tertia, Aucta, Reformata" Georg. Emanuel. Beer, Lipsiae (1788-1793); in seconda edizione: J.B. Delamollière, Lugduni
    • Tomo 1: Regnum Animale:
      • Parte 1: Mammalia. pp. [x.] 1–232, 1788.[4]
      • Parte 2: Aves. pp. 233–1032. [1789].[5]
      • Parte 3: Amphibia und Pisces. pp. 1033–1516, [1789].[6]
      • Parte 4: Insecta. pp. 1517–2224, [1790].[7]
      • Parte 5: Insecta. pp. 2225–3020, [1790].[8]
      • Parte 6: Vermes. pp. 3021–3910, [1791].[9]
      • Parte 7: Index. pp. 3911–4120. [1792].[10]
    • Tomo 2: Regnum Vegetabile:
      • Parte 1: Regnum Vegetabile. pp. 1–884, 1791.[11]
      • Parte 2: Regnum Vegetabile. pp. 885–1661, [1792].[12]
    • Tomo 3: Regnum Lapideum. pp. 1–476, 3 Tafeln, 1793.[13]
  • Grundriß der Mineralogie, 1790
  • Grundriß der Pharmazie, 1792
  • Geschichte der Chemie, 1799
  • Allgemeine Geschichte der thierischen und mineralischen Gifte, 1806

Epónimos[editar | editar a fonte]

Entre noventa especies e variedades levan o seu nome na súa honra, como:

Abreviaturas[editar | editar a fonte]

A abreviatura J.F.Gmelin emprégase para indicar a Johann Friedrich Gmelin como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.

A abreviatura Gmelin emprégase para indicar a Johann Friedrich Gmelin como autoridade na descrición e clasificación científica dos animais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vera V. e Gregory S. Girolami (1998): PDF School of Chemical Sciences Web Genealogy "Genealogy Database Entry: Gmelin, Johann Friedrich". University of Illinois, Champaign-Urbana. Consultada o 12/07/2013.
  2. Irritabilitatem vegetabilium in singulis plantarum partibus exploratatam. Ver en liña en MDZ.
  3. En liña
  4. En liña
  5. En liña
  6. En liña
  7. En liña
  8. En liña
  9. En liña
  10. En liña
  11. En liña
  12. En liña
  13. En liña

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Johann Friedrich Gmelin

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • A. R. Kabat e R. E. Petit (1988): "The two printings of J. F. Gmelin's Systema Naturae, 13ª ed. 1788-1796". The Nautilus 102 (4): 164-166.
  • Roland Hoffmann (2001): "Gmelin 1791 – Schon mal gehört? Wer war das eigentlich?" Club Conchylia Inf. Jahr 33 (1-3).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]