As doce probas de Astérix

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As doce probas de Astérix
Título orixinal Les Douze travaux d'Astérix
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director René Goscinny
Albert Uderzo
Pierre Watrin
Produtor Georges Dargaud
Guión Pierre Tchernia
René Goscinny
Albert Uderzo
Baseado en
Intérpretes
Música Gérard Calvi
Fotografía
Montaxe
Estudio
Distribuidor
Ano Francia 20 de outubro de 1976
Galicia 19 de marzo de 2008 (TVG)
Duración 82 minutos
País Flag of France.svg Francia
Xénero Animación
Orzamento
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

As doce probas de Astérix (na versión orixinal Les Douze travaux d'Astérix) é un filme francés de animación baseado na serie de banda deseñada de Astérix. René Goscinny e Albert Uderzo, os creadores da serie, escribiron a historia e dirixiron o filme eles mesmos, contando coa co-dirección de Pierre Watrin e co guionista Pierre Tchernia, un amigo de Goscinny e Uderzo. O filme foi dirixido, producido e animado no estudio de animación de Goscinny e Uderzo, Studios Idéfix.

É o único filme de Astérix (animado ou de acción) que está baseado nun guión orixinal no canto das historias de banda deseñada. Posteriormente, foi adaptado nun tomo da colección e nunha serie de doce libros para nenos lectores.

Estreouse en galego na TVG o 19 de marzo de 2008.[1]

Argumento[editar | editar a fonte]

Como en todos os álbumes de Astérix, na Galia, ocupada polos romanos, un pequeno poboado galo resiste de forma vitoriosa os insistentes ataques dos invasores grazas á poción máxica do druída Panorámix. Cando o enésimo ataque é doadamente rexeitado polos aldeáns, empeza a espallarse polas tropas romanas a idea de que, se cadra, eses galos non son seres humanos, senón deuses e, polo tanto, non poden ser vencidos.

Esa historia remata por chegar ao mesmo Xulio César que, escéptico, decide probar a divinidade dos galos. Para iso, preséntase na aldea coa seguinte proposta: Do mesmo xeito que Hércules tivo que superar doce probas para ser aceptado no Olimpo, os galos deben superar outras 12 probas (Non as mesmas pois, en palabras do propio César "Esas xa están pasadas de moda"). De seren superadas, os galos serían considerados deuses e Roma pasaría a ser súa, mais no caso de fracasar tan so nunha, os galos sumeteríanse sen resistentencia ao Imperio.

O xefe da aldea, confiado pese ás protestas de Panorámix, acepta o reto e elixe a Astérix, por ser o máis listo, e Obélix, por ser o máis forte, para representar aos galos nestas probas. Os dous heroes, guiados polo supervisor romano Caius Pupus, terán que:

  1. Vencer nunha carreira a Merinos un campión dos xogos de Olimpia.
  2. Lanzar a xavalina máis lonxe que Kermes o persa, o mellor "lanzador de arma" do mundo.
  3. Vencer nun combate a Cylindric o Xermano.
  4. Enfrontarse ás sacerdotisas da "Illa do pracer".
  5. Sosterlle a mirada a Iris, o mago exípceo.
  6. Comer absolutamente todo o que prepare Mannekenpix, o cociñeiro dos titáns.
  7. Penetrar no Antro da Besta.
  8. Conseguir o impreso A-38 na Casa da Tolemia.
  9. Cruzar un abismo con crocodilos do Nilo no fondo a través un cable invisible.
  10. Agabear a montaña máis alta e responder sen errar ao enigma do Venerable do Cume.
  11. Pasar a noite na Chaira dos Mortos.
  12. Gañar nos xogos do circo en Roma

Unha vez máis, o destino da aldea queda nas súas mans nun todo ou nada.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]