Obélix

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Obélix
Información editorial
Primeira aparición Astérix le Gaulois (1959)
Creadores René Goscinny, Albert Uderzo
Biografía ficticia
Orixe Armórica, Galia

Obélix é un dos personaxes da serie de banda deseñada Astérix. É un galo alto e gordo, fabricante e repartidor de menhires. É o mellor amigo de Astérix, a quen acompaña en tódalas súas aventuras, e posúe un pequeno can chamado Ideafix ou Idéfix. Obélix está dotado dunha forza extraordinaria, xa que cando era un neno caeu na marmita na que Panorámix preparaba a poción máxica (en Comment Obélix est tombé dans la marmite du druide quand il était petit), facendo que os efectos da mesma teñan carácter permanente, debido a isto, e para a súa desgraza, nunca lle deixan probar un pouco dela porque os efectos secundarios serían terribles, como se pode ver no libro Le mauvais coup d'Obelix (O mal trago de Obélix en galego), onde tras beber a marmita enteira Obélix se converte en pedra. No cinema, o personaxe de Obélix estivo encarnado polo actor francés Gérard Depardieu nas tres adaptacións cinematográficas das historias de Astérix.