René Goscinny
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
René Goscinny, nado en París o 14 de agosto de 1926 e finado o 5 de novembro de 1977, foi un guionista de historietas.
Traxectoria [editar]
Foi director da revista Pilote. Traballou xunto a Morris nas tiras de Lucky Luke (1955-1973); posteriormente creou xunto ó debuxante Sempé Le petit Nicolas (1960-1964) e con Jean Tabary o personaxe de Iznogoud (1962-1977) e Les dingodossiers (1965-1967) con Gotlib.
A súa creación de maior éxito foron as aventuras de Astérix xunto ó debuxante Albert Uderzo en Pilote (1959). Có mesmo colaborador creou o personaxe de Oumpah-Pah (1958-1962), pero non tivo excesivo éxito.
Goscinny é un dos autores franceses de maior éxito en todo o mundo, con máis de 500 millóns de álbums e libros vendidos, traducidos a varios idiomas.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]