Astérix gladiador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Astérix gladiador é a cuarta aventura da serie de cómics Astérix o Galo publicada en 1964, e creada por Albert Uderzo e René Goscinny.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

O prefecto da Galia, Calígula Vaisencascus vai de permiso a Roma, como é costume levarlle un regalo ó César decide entregarlle un dos invencibles galos da rexión. O galo elixido é o bardo Asurancéturix. Cando Astérix e Obélix se decatan, deciden ir a Roma para salvar o seu amigo. Ó chegaren a Roma, infórmanse gracias á axuda do seu paisano Moitoxamónix, que o bardo está preso no circo e que será votado ós leóns nos próximos xogos. Ante a imposibilidade de atopar a Asurancéturix deciden facerse gladiadores para así poder entrar libremente no circo.

Os detalles da trama e/ou do argumento rematan aquí.