Augas termais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Calda")
Augas termais en Potosí, Bolivia
Restos dunhas augas termais romanas en Lobios

As augas termais ou caldas son o conxuntos de augas minerais que saen do chan a 5 graos máis de temperatura que a da superficie. Estas augas proceden de capas subterráneas da Terra que se encontran a maior temperatura, as cales son ricas en diferentes compoñentes minerais e permiten o seu emprego na terapéutica como baños, inhalacións, irrigacións e calefacción.

En Galiza son comúns os mananciais de augas termais e xa dende a época romana se ten constancia do seu uso con fins terapéuticos e de relaxación. Algunhas das meirandes fontes termais están radicadas na cidade de Ourense, na de Lugo ou en Mondariz.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas