Condado de Arlington
Coordenadas: 38°52′49″N 77°6′30″W / 38.88028°N 77.10833°W
|
|
|
| Información | |
|---|---|
| País | |
| Estado | Virxinia |
| Fundación | 1846 |
| Superficie • Total |
256,4 km² km² |
| Poboación • Total |
200.226 |
| Densidade | hab./km² |
| Alcalde | Robert Cluck |
| [[Ficheiro:|300px]] | |
| http://www.arlingtoncemetery.mil/ | |
O condado de Arlington é un condado urbano situado na Mancomunidade de Virxinia, nos Estados Unidos, separado de Washington D.C. polo río Potomac. Orixinalmente, parte do Distrito de Columbia, o terreo agora ocupado polo condado, foi devolto a Virxinia o 9 de xulio de 1846 a través dunha lei do Congreso que tomou efecto en 1847.
O 1 de xaneiro de 2006, tiña unha poboación estimada de 200.226 habitantes. Todas as cidades dentro do estado son independentes dos condados, aunque podrían ser incorporados aos condados. Sen embargo, Arlington non se incorporou porque as leis de Virxinia proveñen da creación dunha nova municipalidade dentro dun condado que teña unha poboación superior a os 1.000 habitantes por milla cuadrada.
Índice |
Historia [editar]
Condado de Alexandria [editar]
Unha vez parte do condado de Fairfax na colonia de Virxinia, a área que contén o condado de Arlington foi cedido ao Goberno dos Estados Unidos pola Mancomunidade de Virxinia, ao oeste do río Potomac para que se convertera en parte da futura capital federal, o Distrito de Columbia. Dita área foi máis tarde devolta a Virxinia, xunto a unha porción da actual ciudade de Alexandria. Moitos dos mollones que unha vez señalaron as fronteiras do Distrito permanecen en Virxinia hoxe, máis de dous séculos despois de que o equipo de medición que Andrew Ellicott liderou, os colocara no seu emprazamento actual.
En 1791, o Congreso dos Estados Unidos estableceu os límites do territorio federal que albergaría á capital da nación nun cadrado de 10 millas cada lado, o máxima área permitida polo Artículo I, Sección 8, da Constitución de Estados Unidos. Sen embargo, a lexislación que estableceron estes límites, contiña unha cláusula que previña ao goberno dos Estados Unidos de establecer unha oficina federal ao ministerio dentro do territorio que Virxinia cedeu.
Cemiterio Nacional de Arlington [editar]
O cementerio nacional de Arlington é un cementerio militar estadounidense establecido durante a Guerra Civil Americana nos terreos do Xeneral Confederado Robert E. Lee en fronte de Washington, D.C., ao norte do Pentágono. Con cerca de 300,000 enterrados, o cementerio nacional de Arlington é o segundo cemiterio máis grande dos Estados Unidos.
Veteranos de todas as guerras norteamericanas están enterrados no cemiterio, desde a Guerra Civil Americana ata os de Afghanistan e a invasión de Iraq de 2003. Os mortos anteriores á Guerra Civil foron reenterrados despois de 1900.
A tumba aos descoñecidos tamén coñecida como a Tumba ao Soldado Descoñecido erixese no alto dun outeiro con vistas a Washington, DC. Kennedy está enterrado no cemiterio de Arlington coa súa muller Jacqueline Kennedy Onassis e algúns dos seus fillos. A súa tumba está adornada coa "Chama Eterna". O seu irmán o Senador Robert F. Kennedy tamén está nunha tumba próxima. Outro presidente dos Estados Unidos, William Howard Taft, que foi a súa vez Xefe de xusticia está xunto a Kennedy, o único presidente enterrado en Arlington.
Outros lugares a visitar pretos ao cemiterio son o "Memorial a Iwo Jima" e o Carillón holandés.
Distrito de Columbia [editar]
Cando o Congreso se mudou ao novo distrito de Columbia en 1801, promulgou unha lei pola que dividía ao distrito en dous: (1) o condado de Washington, ao este do río Potomac, e (2) o condado de Alexandría, ao oeste do río. O condado de Alexandría contiña nese período unha área rural que inclúe o actual condado de Arlington, e a urbanizada cidade de Alexandría (agora "Old Town" Alexandria), porto sobre o río Potomac ao sudeste da actual cidade de Alexandría.
O Pentágono [editar]
No Pentágono de Arlington encontrase os cuarteis xenerais do departamento de Defensa dos Estados Unidos. Foi entregado o 15 de xaneiro de 1943 e é o edificio de oficinas máis grande do mundo. Aunque está localizado en Arlington o Servizo postal dos Estados Unidos, esixe que o Código Postal de Washington, D.C. sexa usado para o correo enviado ao Pentágono.
O edificio ten forma do Pentágono e aloxanse aproximadamente a 23.000 traballadores militares e civís, e tamén a uns 3,000 que pertenecen á defensa. Ten 5 pisos con cinco pasillos en cada un dos pisos.
Aunque foi construído durante os primeiros años da II Guerra Mundial, considerase o edificio de oficinas máis eficiente do mundo. Ten 28 km (17,5 millas) de pasillos, e en sete minutos pódese chegar camiñando a calquera lugar do edificio.
Usaronse na súa construción 680.000 toneladas de area e grava, extraídos do río Potomac que formaron 330.000 m³ de formigón. Apenas se usou aceiro durante a súa construción debido as necesidades da guerra.
A praza descuberta no centro do pentágono non é coñecida porque os militares non teñen que levar a cabeza cuberta nin saludar. O bar no centro da praza é coñecido como Café Zona Cero, apodo orixinado durante a Guerra fría cando o pentágono era obxectivo dos misiles nucleares da Unión Soviética.
Durante a II Guerra mundial, a primeira parte da Henry G. Shirley Memorial Highway foi construída en Arlington xunto ao plan para o parking e o tráfico da zona. Esta autoestrada, inaugurouse en 1943, chega ata Woodbridge, Virxinia e que se completou en 1952, forma agora parte da Interestatal 395.
Educación [editar]
As Escolas Públicas de Arlington é o organismo público encargado do sistema educativo.
O Condado de Arlington gasta aproximadamente a metade dos seus ingresos en educación, o que a converte nun dos 10 condados da nación que máis gastan por estudiante (en 2004, sobre 13.000$, o segundo máis alto nos Estados, por detrás de Nova York).
A través dun acordo coas escolas públicas do condado de Fairfax aprobado polo Consello Escolar en 1999, ata 26 estudantes residentes en Arlington polo nivel e curso podrán matricularse na Thomas Jefferson High School for Science and Technology no condado de Fairfax cun custo para Arlington de aproximadamente 8000$ por estudante. Por primeira vez en 2006, máis estudantes (36) foron admitidos en dita high school que os permitidos por dito acordo.
Outros escolas: Bishop O'Connell propiedade da igrexa católica.
Universidades [editar]
A George Mason University opera no campus de Arlington, na área entre Clarendon e Ballston. No campus alónxase na Facultade de Dereito, Administración Pública e outros programas. Un novo edificio estase a construír no campus, con apertura prevista en 2007 que ampliará a capacidade do edificio actual e o de Dereito.
Tamén hai campus da Strayer University e DeVry University. A Marymount University, que é privada, localiza a súa sede en Arlington.
Ligazóns externas [editar]
- Web oficial del Condado de Arlington
- Escolas Públicas de Arlington
- Bibliotecas públicas de Arlington
En inglés:
- Arlington Convention and Visitors Service official website
- Arlington Chamber of Commerce
- Arlington Economic Development Agency official website
- Arlington Gay and Lesbian Alliance (AGLA)
- Arlington's Urban Villages
- Arlington Historical Society
- Arlington Skyscrapers at Emporis
- Glencarlyn neighborhood webpage
- CrimeinDC.org - Unofficial Google crime maps of Arlington]
- Fairfax Underground - a message board designed to improve communication between residents of Northern Virginia
- Arlington County Animal Shelter
- El monumento a Washington desde Arlington
|
||||||||||||||