Albixoi, Mesía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Albixoi
Igrexa parroquial de Santa Mariña.
ConcelloMesía[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°05′18″N 8°12′22″O / 43.0883, -8.2061Coordenadas: 43°05′18″N 8°12′22″O / 43.0883, -8.2061
Área8,48 km²
Poboación122 hab. (2023)
Densidade14,39 hab./km²
Entidades de poboación17[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Mariña de Albixoi[1] é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Mesía. Segundo o INE en 2023 tiña 122 habitantes (61 mulleres e 61 homes) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 200 habitantes.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial de Santa Mariña de Albixoi, de finais do século XVI, é un exemplo de construción rural de gran sinxeleza e sobriedade. Albergou un retablo do século XVIII realizado por Casas e Novoa que foi destruído cara a 1964.

Na aldea de Xestosa consérvanse os restos dun pequeno balneario en torno á Fonte da Veiga, á que se lle atribuían propiedades curativas para a reuma, fígado e úlceras...

Festas[editar | editar a fonte]

  • Corpus Christi o 15 de xuño.
  • Santa Mariña, 15 e 16 de xullo.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Albixoi[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Albixoi no concello de Mesía (A Coruña)

A Carballeira | A Casanova | Castiñeiras | A Fieiteira | O Formigueiro | A Fraga da Lata | A Fraga | A Igrexa | A Lata | Novás | Ousende | O Parceiro | Pereira | Quintás | A Torre | Xemerás | Xestosa

Parroquias de Mesía[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Mesía

Albixoi (Santa Mariña) | Bascoi (Santiago) | Boado (Santiago) | Bruma (San Lourenzo) | Cabrui (San Martiño) | Castro (San Sebastián) | Cumbraos (Santa María) | Lanzá (San Mamede) | Mesía (San Cristovo) | Olas (San Lourenzo) | Visantoña (San Martiño) | Xanceda (San Salvador)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]