Rudolf Nureyev
| Rudolf Nureyev | |
|---|---|
| Rudolf Khametovich Nureyev | |
| Nacemento: | 17 de marzo de 1938 Irkutsk |
| Falecemento: | 6 de xaneiro de 1993 Paris |
| Nacionalidade: | Soviética |
| Ocupación: | Bailarín |
| Cónxuxe(s): | Teja Kremke |
Rudolf Khametovich Nureyev ou Rudolf Xämät uğlı Nuriev, nado en Irkutsk, Siberia, o 17 de marzo de 1938 e finado en Paris o 6 de xaneiro de 1993, foi un bailarín soviético.
Traxectoria [editar]
Naceu na Rusia soviética, transformándose nun dos mais celebrados bailaríns do século XX e a primeira estrela masculina do mundo da danza dende Vaslav Nijinsky. O 17 de xuño de 1961, cando estaba con Kirov en Paris, rompeu a barreira da seguridade soviética e pediu asilo oficial no Aeroporto de Le Bourget.
Em 1989 volveu bailar na Unión Soviética por primeira vez desde que a abandonara. Nureyev fixo a súa última aparición pública en outubro de 1992, como director na estrea parisiense dunha nova produción de La Bayadère.
Nureyev morreu en 1993 en Paris, Francia, por complicacións derivadas do SIDA.