Alida Valli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlida Valli

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ro) Baroneasa Alida Maria Laura Altenburger von Marckenstein-Frauenberg Editar o valor em Wikidata
31 de maio de 1921 Editar o valor em Wikidata
Pula, Croacia (Italia) Editar o valor em Wikidata
Morte22 de abril de 2006 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Roma, Italia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCampo di Verano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaReino de Italia Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeItalia (1946–2006)
Reino de Italia (1921–1946) Editar o valor em Wikidata
EducaciónCentro Sperimentale di Cinematografia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , actriz de teatro , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1934 Editar o valor em Wikidata - 2002 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeGiancarlo Zagni (–1969)
Oscar de Mejo (1944–1952)
FillosCarlo De Mejo (pt) Traducir
 () Oscar de Mejo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0885098 Allocine: 404 Rottentomatoes: celebrity/alida_valli Allmovie: p72697 TCM: 196521
Musicbrainz: 4854ea0c-5d3f-4299-9ac7-ea0e87471a97 Discogs: 1402629 Allmusic: mn0002838141 WikiTree: Von_Altenburger-1 Find a Grave: 14030947 Editar o valor em Wikidata

Baronesa Alida Maria Laura von Altenburger von Markckenstein-Frauenberg, nada en Pola, Reino de Italia (hoxe Croacia) o 31 de maio de 1921 e finada en Roma o 22 de abril de 2006, foi unha actriz de cinema italiana, coñecida como Alida Valli.

É lembrada internacionalmente pola súa participación no filme 1949 The Third Man, de Carol Reed. Foi condecorada cos títulos de doutora honoris causa pola Universidade de Roma La Sapienza, Cabaleira das Artes de Francia e Cabaleira (Cavaliere) da República Italiana.

Familia[editar | editar a fonte]

Alida Valli naceu no seo dunha familia aristocrática e intelectual. O seu pai foi Gino Altenburger, barón do Trentino, profesor de filosofía, e a súa nai foi Silvia Obrekar, pianista.

O seu avó paterno foi o barón Luigi Altenburger (ou Altempurger), un austríaco-italiano de Trento, descendente dos condes de Arco. A avoa paterna de Alida Valli foi Elisa Tomasi, tamén de Trento, que era curmá do senador italiano Ettore Tolomei. A nai de Tolomei foi Silvia Oberecker della Martina nada en Pula (Istria, naqueles tempos parte do Imperio Austrohúngaro) e que fora irmá do austríaco Felix Oberecker (ou Obrekar) da cidade de Laibach, (hoxe Liubliana, capital de Eslovenia, mais a inicios do século XX, unha cidade moi xermanizada de Austria).

A nai de Alida Valli foi Virginia della Martina, tamén nada en Pula. O tío avó por parte materna de Maria Valli foi Rodolfo, quen foi amigo íntimo de Gabriele d'Annunzio.

Carreira[editar | editar a fonte]

Desde pequena chamoulle a atención a interpretación, participando, xa con 8 anos, en funcións de teatro benéficas. Cando cumpriu trece anos comezou a traballar no cinema a través do Centro Experimental de Cinematografía de Roma, en filmes como Il capello a tre punte, de Mario Camerini (1934), ou I due sergenti (1936). No ano 1942, realizou a súa primeira grande interpretación no filme Piccolo mondo antico, que lle valeu un premio á mellor interpretación no Festival de Venecia.

Ese mesmo ano, estreou un clásico do cinema italiano da década de 1940, o drama Noi Vivi de Goffredo Alessandrini, que adapta a novela de Ayn Rand We the Living, e no que Alida Valli realizou unha das súas mellores interpretacións, xunto ao entón en apoxeo Fosco Giachetti.

Durante a segunda guerra mundial deixou de facer filmes para evitar que o goberno italiano a usase como propaganda fascista. Por ese mesmo motivo houbo de esconderse, evitando así que a detivesen.

Hollywood[editar | editar a fonte]

Rematada a segunda guerra mundial, tentou abrirse un oco en Hollywood. Alí foi acreditada só polo seu apelido, Valli, "para facela soar aínda máis exótica".[1] En 1951, explicou que non lle gustaba ese nome único. "Síntome parva indo por aí cun só nome", dixo. "A xente confúndeme con Rudy Vallée".[1]

Contratada por David O. Selznick, protagonizou o filme The Paradine Case (1947) de Alfred Hitchcock, xunto a Gregory Peck e Ethel Barrymore, nun papel pensado para o regreso de Greta Garbo á pantalla.

En 1949 protagonizou en Inglaterra a que probablemente sexa o seu filme máis coñecido, The Third Man de Carol Reed, xunto a Orson Welles e Joseph Cotten. Terminou a súa estadía en Hollywood co melodrama The Miracle of the Bells (1948), de Irving Pichel, xunto a Fred MacMurray, e o drama de escaladores The White Tower (1950), de Ted Tezlaff, facendo un dos seus mellores traballos á beira de Glenn Ford.

Cinema con directores europeos[editar | editar a fonte]

Posteriormente, participou noutros filmes que lle deron prestixio, xa fincándose en Europa, como Senso (1953), de Luchino Visconti, onde se namorou do seu compañeiro Farley Granger; Il grido (1957) de Michelangelo Antonioni, xunto ao estadounidense Steve Cochran ou a terrorífica Les yeux sans visage (1959), de Georges Franju.

En 1960 encarna o papel da Nai Tareixa de Santo Agostiño na produción de Philippe Agostini e Raymond Leopold Bruckberger sobre a novela homónima de Gertrud von le Fort: Le dialogue des Carmélites, como a priora do convento de Compiègne que foi guillotinada durante a Revolución Francesa xunto a outras quince monxas carmelitas. En 1961 tivo un papel menor na comedia de ladróns The Happy Thieves, xunto a Rita Hayworth e Rex Harrison. Máis profundidade teñen filmes posteriores do seu historial, como a versión de Edipo re de Sófocles (1967), realizada por Pier Paolo Pasolini, xunto a Silvana Mangano e Franco Citti; o clásico de terror Suspiria (1977) de Dario Argento; Novecento (1976), e o drama A Lúa (1979), ambas de Bernardo Bertolucci.

Estivo dedicada ao cinema ata poucos anos antes de morrer, sendo unha das súas últimas aparicións destacadas A Month by the Lake de John Irvin, estreado en 1995, onde compartiu protagonismo con Vanessa Redgrave e Uma Thurman. En 1997 foi galardoada co León de ouro do Festival de Venecia por toda a súa carreira cinematográfica.

Morte[editar | editar a fonte]

A morte de Valli na súa casa o 22 de abril de 2006 foi anunciada pola oficina do alcalde de Roma, Walter Veltroni.

O crítico David Shipman escribiu no seu libro The Great Movie Stars: The International Years, que baseándose nos seus famosos filmes antes de 1950, Alida Valli puido ser "unha das importacións continentais de Hollywood con menos éxito", mais quen vexa "dous ou tres filmes dos que fixo dende entón (...) probablemente a considerará entre a media ducia de mellores actrices do mundo".[2] O crítico francés Frédéric Mitterrand escribiu: "[Ela] foi a única actriz de Europa en igualar a Marlene Dietrich ou Greta Garbo".

Vida persoal[editar | editar a fonte]

O seu amor de adolescente Carlo Cugnasca, foi un famoso piloto acrobático italiano. Serviu coa Regia Aeronautica]] e morreu durante unha misión sobre Tobruk o 14 de abril de 1941.[3][4]

A carreira cinematográfica de Valli sufriu por un escándalo en 1953 relacionado coa morte de Wilma Montesi, cuxo corpo foi atopado nunha praia preto de Ostia. A isto seguiu unha investigación que implicaba drogas e orxías sexuais na sociedade romana. Entre os acusados (todos posteriormente liberados, deixando o caso sen resolver) estaba un amante de Valli, o músico de jazz Piero Piccioni, fillo do ministro de Asuntos Exteriores, e que empregou a Valli como coartada.[5]

Valli casou con Oscar de Mejo en 1943 e solicitou o divorcio del en 1949, aínda que posteriormente se reconciliaron.[6] Tiveron dous fillos antes de que o matrimonio se divorciase definitivamente en 1952 e ela volvese a Italia.[7][8] A principios da década de 1960 casou co director de cinema italiano Giancarlo Zagni, do que se divorciou en 1970.[8]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Alida Valli Wants Her First Name Restored". Statesville Record And Landmark. 22 de xaneiro de 1951. p. 20. Consultado o 11 de xullo de 2015 – vía Newspapers.com. 
  2. David Shiopman The Great Movie Stars, Londres: Macdonald, 1989, p.586
  3. Lyman, Robert. The Longest Siege: Tobruk- The Battle that Saved North Africa 2009, p. 152.
  4. Pesce, Giovanni. "Famiglia Pesce". 
  5. "(photo caption)". The Times Record. March 22, 1954. p. 1. Consultado o 11 de xullo de 2015 – vía Newspapers.com. 
  6. Parsons, Louella O. (July 6, 1949). "Alida Valli Fails To Show Up In Court To Get Her Divorce". Lubbock Evening Journal. p. 18. Consultado o 11 de xullo de 2015 – vía Newspapers.com. 
  7. "Actress Has Son". Lubbock Morning Avalanche. 2 de marzo de 1950. p. 28. Consultado o 11 de xullo de 2015 – vía Newspapers.com. 
  8. 8,0 8,1 Lane, John Francis (2006-04-26). "Alida Valli: Italian film star idolised by Mussolini and betrayed by Harry Lime". The Guardian. Consultado o 2019-11-18. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lorenzo Pellizzari e Claudio Valentinetti, Il romanzo di Alida Valli, Garzanti, 1995
  • Ernesto G. Laura e Maurizio Porro, Alida Valli, Gremese, 1995

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]