Walter Veltroni
| Walter Veltroni | |||
|---|---|---|---|
![]() |
|||
|
|
|||
| {{{cargoexecutivo1}}} | |||
| Período: | {{{periodo1}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor1}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor1}}} | ||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| {{{cargoexecutivo2}}} | |||
| Período: | {{{periodo2}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor2}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor2}}} | ||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 3 de xullo de 1955 | ||
| Lugar: | Roma, Italia | ||
| Falecemento: | |||
| Lugar: | , | ||
| Organización: | Partido Democrático | ||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | {{{cónxuxe}}} | ||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | --- ---- (Actualmente) |
||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | Político e xornalista | ||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
Walter Veltroni, nado en Roma o 3 de xullo de 1955, é un político e xornalista italiano, secretario nacional do Partido Democrático e candidato a presidente do goberno nas eleccións lexislativas de 2008. Tamén foi alcalde de Roma nos últimos anos.
Índice |
Traxectoria política [editar]
A carreira cara ao goberno [editar]
Walter Veltroni naceu nunha familia acomodada da capital italiana. O seu pai, Vittorio Veltroni, traballara de alto cargo da RAI e o seu avó, Ciril Kotnik, fora embaixador do reino de Iugoslavia na Santa Sé. Despois de rematar o bacharelato non proseguiu carreira universitaria, e dedicouse ao labor político e ao traballo como xornalista. Porén, licenciouse en xornalismo a mediados dos anos noventa.
O seu primeiro cargo político foi o de concelleiro en Roma polas listas do Partido Comunista Italiano, en 1976, con tan só 21 anos. Permanece nese cargo, sen responsabilidades de goberno, ata 1981. En 1987 é elixido deputado no Congreso italiano, e en 1988 figura xa no comité central do PCI. No seu seo, e como consecuencia da caída do muro de Berlín, apoia o sector aperturista e moderado de Achille Occhetto, que acaba fundando o Partido Democrático de Esquerda. En 1992 foi nomeado director de L'Unità, o xornal do partido, que dirixe durante dous anos.
En 1994 é proposto como candidato a liderar a súa formación enfrontándose a Massimo D'Alema, e sae derrotado. Dous anos máis tarde, e logo da vitoria da coalición de centroesquerda L'Ulivo, Romano Prodi, o novo presidente do goberno, noméao vicepresidente e ministro de Cultura e de Medio ambiente, con competencias ademais sobre os espectáculos e o deporte.
A alcaldía [editar]
En 1998 cae o primeiro goberno de Prodi e Veltroni céntrase na xestión do seu partido, que muda outra vez o nome, desta volta para Demócratas de Esquerda, ao entraren nel diversos sectores republicanistas, católicos, laicos, laboristas etc. É o seu partido quen en 2001 o presenta como candidato á alcaldía de Roma, e obtén o 53% dos votos, converténdose en alcalde e relegando á oposición ao conservador da Casa das Liberdades Antonio Tajani. Catro anos máis tarde é reelixido co 61,45% dos votos, derrotando nesta oportunidade a Gianni Alemanno.
O 23 de maio de 2007 entra a formar parte do consello nacional do larvario Partido Democrático, que pretendía substituír a anterior formación de Demócratas de Esquerda, e onde empeza a obter apoios para acceder ao posto de secretario xeral. Presenta a súa candidatura o 27 de xuño, cun programa baseado en catro piares: medio ambiente, pacto xeracional, educación e seguridade. O proceso de elección faise aberto a toda a cidadanía, e participan nel tres millóns de italianos, que o escollen claramente por diante dos outros candidatos: Rosy Bindi, Enrico Letta, Mario Adinolfi, Pier Giorgio Gawronski e Jacopo G. Schettini. A creación do Partido Democrático tivo lugar oficialmente pois, o 14 de outubro de 2007, día da convocatoria electoral.
Candidato a presidente do goberno [editar]
Cando a comezos de 2008 cae o segundo goberno Prodi, Veltroni postúlase como candidato e para iso dimite do seu cargo de alcalde o 13 de febreiro. As eleccións teñen lugar o 13 e 14 de abril, e Veltroni figura como número dous da lista de centroesquerda nas circunscricións de Sicilia II, Campania II, Lazio I e Lombardía I, ademais de ser o elixido como candidato a presidente do goberno pola coalición do Partido Democrático-A Italia dos Valores.
| Predecesor: Antonio Paolucci |
ministro de Cultura 1996-1998 |
Sucesor: Giovanna Melandri |
| Predecesor: Francesco Rutelli |
alcalde de Roma 2001-2008 |
Sucesor: pendente de escolla |
Obras [editar]
- 1977 - Il PCI e la questione giovanile, Roma, Newton Compton.
- 1978 - A dieci anni dal ’68. Intervista con Achille Occhetto, Roma, Editori Riuniti.
- 1981 - Il sogno degli anni '60. Un decennio da non dimenticare nei ricordi di 46 giovani di allora, Milán, Savelli.
- 1982 - Il calcio è una scienza da amare. 38 dichiarazioni d'amore al gioco piu bello del mondo, Milán, Savelli.
- 1988 - Diritto all'informazione e normativa anti-trust. La relazione illustrativa della proposta di legge dei gruppi del Pci e della Sinistra indipendente alla Camera sulla regolamentazione del sistema delle comunicazioni di massa. Roma, 23 maggio 1988, Roma, Commissione informazione e propaganda della Direzione del Pci.
- 1990 - Io e Berlusconi (e la Rai), Roma, Editori Riuniti.
- 1992 - I programmi che hanno cambiato l’Italia. Quarant'anni di televisione, Milán, Feltrinelli.
- 1993 - Il sogno spezzato. Le idee di Robert Kennedy, Milán, Baldini & Castoldi.
- 1994 - La sfida interrotta. Le idee di Enrico Berlinguer, Milán, Baldini & Castoldi.
- 1994 - Certi piccoli amori. Dizionario sentimentale dei film, Milán, Sperling & Kupfer.
- 1995, 1996 - La bella politica (un'intervista di Stefano Del Re), Milano, Rizzoli.
- 1995 - Carlo e Norberto Valentini, Veltroni. Al governo? Il Kennedy della sinistra italiana parla di sé, della politica, dei politici e disegna il futuro del nostro paese, Bologna, Carmenta.
- 1997 - Certi piccoli amori 2
- 1997 - Governare da sinistra
- 2000 - I Care
- 2000 - Forse Dio è malato. Diario di un viaggio africano
- 2003 - Il disco del mondo. Vita breve di Luca Flores, musicista
- 2004 - Senza Patricio (romanzo)
- 2006 - La scoperta dell'alba (romanzo)
- 2007 - Aspetta te stesso - Corriere della Sera - (Corti di carta, racconto)
- 2007 - Che cos'è la politica? (libro+DVD)
- 2007 - La nuova stagione. Contro tutti i conservatorismi.
Galardóns [editar]
- Oficial da Lexión de Honra de Francia.
- Cabaleiro da Gran Cruz de Italia
Vida persoal [editar]
É afeccionado ao baloncesto. É seareiro do Virtus Roma e presidente de honra da Liga de Baloncesto Italiana dende 2007. En fútbol apoia a Juventus. Está casado e ten dous fillos. É ateo.
