Gillo Pontecorvo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gillo Pontecorvo
Nome completoGilberto Pontecorvo
AlcumeGillo Pontecorvo
Nacemento19 de novembro de 1919
Lugar de nacementoPisa
Falecemento12 de outubro de 2006
Lugar de falecementoRoma
CausaInsuficiencia cardíaca
SoterradoCampo di Verano
NacionalidadeItalia e Reino de Italia
Ocupacióndirector de cinema, actor, guionista, compositor e realizador
FillosMarco Pontecorvo
IrmánsGuido Pontecorvo e Bruno Pontecorvo
Coñecido porLa battaglia di Algeri, Kapò e Operación Ogro
PremiosCabaleiro da Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana
Na rede
IMDB: nm0690597 Allocine: 15172 Allmovie: p106821
Musicbrainz: 5785b851-b8c8-4a20-a21d-4619e0a96515 Find a Grave: 16158778 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Gillo Pontecorvo, nado en Pisa o 19 de novembro de 1919 e morto en Roma o 12 de outubro de 2006, foi un cineasta italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os seus filmes máis coñecidos son Queimada (1969) e La Battaglia di Algeri (1965). No primeiro actúa Marlon Brando, que interpreta o axente inglés Walker, un personaxe enviado ao Novo Mundo para pregar a revolución nas colonias da España e Portugal, ofrecendo aos nativos o apoio financeiro de Inglaterra. No segundo, cóntase o episodio da revolta de Alxeria contra a dominación francesa, isto xa nos finais dos anos 50 do século XX.

Foi candidato dúas veces nos Premios Óscar, en 1961, na categoría de mellor película estranxeira, por Kapò, na que abordaba os campos de concentración nazis, mediante a historia dun gardián alemán que axuda a unha muller xudía; e en 1966 por A batalla de Alxer na categoría de mellor director.

Foi o director do filme Operación Ogro, no que se relata o atentado contra o Presidente do Goberno de España Luis Carrero Blanco en 1973.

Filmografía como director[editar | editar a fonte]

  • Firenze, il nostro domani (2003)
  • Un altro mondo è possibile (2001)
  • I corti italiani (1997) (segmento de “Nostalgia di protezione”)
  • Nostalgia di protezione (1997)
  • Danza della fata confetto (1996)
  • 12 registi per 12 citta (1989) (segmento de “Udine”)
  • L'addio a Enrico Berliguer (1984)
  • Ogro (1980)
  • Queimada (1969)
  • La Battaglia di Algeri (1965)
  • Paras (1963)
  • Kapò (1959)
  • Pane e zolfo (1959)
  • La grande strada azzurra(1957)
  • Cani dietro le sbarre (1955)
  • Giovanna (1955)
  • Festa a Castelluccio (1954)
  • Porta Portese (1954)
  • Missione Timiriazev (1953)