Illas Pribilof

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 56°50′00″N 170°00′00″O / 56.83333, -170.00000

Illas Pribilof
Pribilof Islands (en inglés)
Острова Прибылова (en ruso)
Vista aérea da illa de Saint Paul
Situación
País Estados Unidos
EstadoAlasca
MarMar de Bering
Xeografía
Superficie200 km²
Distancia a terra320 km ao norte de Unalaska
Demografía
Poboación684 habitantes (ano 2000)

As illas Pribilof (en inglés, Pribilof Islands; en ruso, Острова Прибылова, arquipélago Kotovi) son un conxunto de catro illas volcánicas que forman parte de Alasca, nos Estados Unidos.

Mapa das illas Pribilof

Encóntranse no mar de Bering, a 320 km ao norte de Unalaska e a uns 800 km da costa siberiana, ao oeste.

As dúas illas principais son:

  • Illa de Saint Paul, de 104 km² de superficie e cunha poboación de 532 habitantes en 2000.
  • Illa de Saint George, de 90 km² de superficie e cunha poboación de 90 habitantes en 2000.

Ademais doutros dous illotes próximos á illa de Saint-Paul:

  • Illa Otter (0,67 km²).
  • Illa Walrus (0,20 km²).

O seu nome débese ao explorador ruso Gavriil Pribylov, que as descubriu en 1788.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Chisholm, Hugh, ed. (1911): "Pribilof Islands" . Na Encyclopædia Britannica (11th ed.) Cambridge University Press.