Aleksei Chirikov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aleksei Chirikov

Aleksei Ilyich Chirikov (Алексей Ильич Чириков en ruso), nado en 1703 e finado en novembro de 1748, foi un navegante e capitán ruso.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1721, Chirikov graduouse na Academia Naval. Entre 1725 e 1730 e entre 1733 e 1743, foi subordinado de Vitus Bering durante a primeira e segunda expedicións a Kamchatka. O 15 de xullo de 1741 Chirikov (no seu barco San Paulo) foi o primeiro europeo en chegar á costa noroeste de Norteamérica, e a partir de entón descubrir parte das Illas Aleutianas. En 1742 Chirikov dirixiu unha partida de busca do San Pedro, o buque de Bering. Durante a viaxe, especificou a localización da Illa de Attu. Chirikov tomou parte na creación do mapa final dos descubrimentos rusos no Océano Pacífico (1746).

Zonas da illa Kyushu, a illa Attu, a baía Anadyr, a baía Tauyskaya, e unha montaña submarina do Pacífico levan o seu nome.