Amchitka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amchitka
Localización da illa
Situación
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
ArquipélagoAleutianas
MarOcéano Pacífico
Coordenadas51°28′N 179°05′L / 51.467, -179.083Coordenadas: 51°28′N 179°05′L / 51.467, -179.083
Xeografía
XeoloxíaIlla volcánica
Superficie308´6 km²
Longura máxima68 km.
Largura máxima6 km.
Punto máis alto373 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada (2010)
Lingua propiaInglés


Localizacións das probas nucleares

Amchitka é unha illa volcánica nunha zona de inestabilidade tectónica. Forma parte do grupo das illas Rat no sistema formado polas illas Aleutianas no suroeste de Alasca. Ten unha lonxitude de 68 quilómetros e varía entre os 3 e os 6 quilómetros de anchura. Ten un clima oceánico, con moitas tormentas e con ceos xeralmente nubrados.

A illa estivo ocupada durante máis de 2.500 anos polos aleutianos ou esquimós, pero non houbo unha poboación permanente desde 1832. Incluíuse na Compra de Alasca de 1867, e desde entón formou parte dos Estados Unidos. Durante a segunda guerra mundial usouse como aeródromo para as forzas estadounidenses na batalla das Illas Aleutianas.

Amchitka foi elixida pola Comisión de Enerxía Atómica dos Estados Unidos para levar a cabo detonacións de armas nucleares baixo terra. levaron a cabo 3 probas deste tipo: Long Shot, que produciu unha explosión de 80 quilotóns en 1965, Milrow, que produciu unha explosión de 1 megatón en 1969 e Cannikin en 1971. Esta última explosión, de "menos de 5 megatóns", é a maior explosión subterránea nuclear que se levou a cabo en chan estadounidense. As probas tiveron moitas críticas, xa que os grupos ecoloxistas tiñan medo de que a explosión Cannikin en particular puidese desencadear graves terremotos e tsunamis.

Desde entón, Amchitka non se usou máis para probas nucleares, aínda que está baixo vixilancia pola presenza de contaminación radioactiva.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Amchitka é a illa que se atopa máis ao sur do grupo das illas Rat na cadea Aleutiana, entre 51°21′N 178°37′L / 51.350, -178.617 e 51°39′N 179°29′L / 51.650, -179.483. Está rodeada polo mar de Bering polo norte e o este, e polo océano Pacífico polo sur e o oeste.

A parte leste da illa trátase dunha meseta de baixa altura, con estanques illados e outeiros de pendentes moderadas. Hai unha baixa pero abundante vexetación, con brións, liques, fieitos, herbas e arbustos do xénero Empetrum. O centro da illa é montañoso, e o extremo oeste é unha terra estéril e a vexetación é escasa.

Amchitka ten un clima oceánico, e normalmente hai néboa e vento, con nubes cubrindo o ceo o 98% do tempo. Mentres que as temperaturas son moderadas grazas ao océano, as tormentas son frecuentes. Desde o punto de vista xeolóxico, a illa é volcánica, formando parte dun anaco do arco volcánico aleutiano que está escindíndose por subducción oblicua. É unha das contornas tectónicas máis inestables dos Estados Unidos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]