Alegranza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alegranza
Chinijo Alegranza.png
Situación respecto de Lanzarote
Situación
País España España
Comunidade autónoma Canarias Canarias
Provincia As Palmas
Arquipélago Chinijo
Mar Océano Atlántico
Coordenadas 29°14′N 13°19′W / 29.23°N 13.31°W / 29.23; -13.31
Xeografía
Xeoloxía Estratovolcán
Superficie 10,3 km²
Punto máis alto 289 msnm
Demografía
Poboación Deshabitada
Isla de Alegranza.jpg
Vista da illa

Alegranza é un dos illotes do Arquipélago Chinijo, ao norte de Lanzarote, a beiras do Océano Atlántico. Administrativamente pertence ao municipio lanzaroteño de Teguise, na provincia de As Palmas, Illas Canarias, España.

Descrición [editar]

Fotografía de satélite da illa Alegranza

Forma parte do Parque Natural do Arquipélago Chinijo e da Reserva Integral dos Illotes. É a máis setentrional do arquipélago Chinijo e de todas as illas Canarias. Ten unha superficie de 10,30 km², 2005) e non está habitada. O faro de Punta Delgada, na parte oriental do illote, foi declarado Ben de Interese Cultural o 20 de decembro de 2002.

A paisaxe está caracterizado, desde o punto de vista xeolóxico, pola presenza do gran edificio volcánico que constitúe a Caldera de Alegranza, cun cráter de 1,1 km de diámetro e unha altura de 289 msnm.

A abundancia de pesca permite que aniñen moitas especies de aves. En Alegranza nidifica a pardela cincenta, alcanzando a maior densidade reprodutora de Canarias e de España. No illote tamén se achan as últimas parellas de aguia peixeira (Pandion haliaetus) do arquipélago canario.

Actualmente a illa pertence á familia Jordán-Martinón,[1] que vive en Masdache (Lanzarote) e Tenerife.

Notas [editar]


Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: