Roque del Este

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roque del Este
Situación respecto de Lanzarote
Situación
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCanarias Canarias
ProvinciaAs Palmas
ArquipélagoChinijo
MarOcéano Atlántico
Coordenadas29°10′N 13°12′O / 29.16, -13.20
Xeografía
XeoloxíaEstratovolcán
Superficie0,064516 km²
Punto máis alto84 m
Demografía
PoboaciónDeshabitada

O Roque do Leste é un dos illotes do Arquipélago Chinijo, no océano Atlántico, ao norte de Lanzarote. Politicamente pertence ao concello lanzaroteño de Teguise, na provincia das Palmas, Illas Canarias, España.

Descrición[editar | editar a fonte]

Áchase uns 12 km ao nordeste de Lanzarote, representando o punto máis ao leste do arquipélago canario. Do mesmo xeito que o resto das illas Canarias, a súa orixe é volcánica, presentando unha forma de L investida. Na súa escasa superficie destacan dúas alturas, situadas a ambos os extremos do illote: a maior, ao norte, posúe 84 m; a outra, ao sur, non alcanza máis de 63 m.

Roque do Leste forma parte do Parque Natural do Arquipélago Chinijo e da Reserva Integral dos Illotes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]