Montaña Clara
| Montaña Clara | |
|---|---|
![]() Situación respecto de Lanzarote |
|
| Situación | |
| País | |
| Comunidade autónoma | |
| Provincia | As Palmas |
| Arquipélago | Chinijo |
| Mar | Océano Atlántico |
| Coordenadas | 29°11′N 13°19′W / 29.18°N 13.32°W |
| Xeografía | |
| Xeoloxía | Volcánica |
| Superficie | 2,7 km² |
| Punto máis alto | 256 msnm (La Mariana) |
| Demografía | |
| Poboación | Deshabitada |
Vista da illa |
|
Montaña Clara é un dos illotes do Arquipélago Chinijo, ao norte de Lanzarote, entre La Graciosa e Alegranza. Politicamente pertence ao municipio lanzaroteño de Teguise, na provincia de As Palmas, Illas Canarias, España.
Índice |
Descrición e características [editar]
Forma parte do Parque Natural do Arquipélago Chinijo e da Reserva Integral dos Illotes. Do mesmo xeito que o resto das illas Canarias, a súa orixe é volcánica. O seu nome débese aos tons claros que toma o seu cono volcánico, o cal cobre gran superficie da illa.
O illote ten unha extensión de 1,33 km², e a súa maior altitude está rexistrada na Mariana, con 256 msnm. Montaña Clara nunca estivo habitada de forma permanente.
A pesar da súa reducida superficie, trátase dun importante refuxio faunístico. Nela habitan especies como o falcón eleonor, o aguia peixeira, a pardela cincenta, a musaraña canaria ou o paiño pechialbo, cuxa principal colonia de cría nas illas Canarias está neste pequeno illote.
Propiedade [editar]
A illa é propiedade dos herdeiros de Mariano López Socas, quen comprou a illa en 1957, sendo entón alcalde do concello de Haría, en Lanzarote. En agosto de 2007 púxose no mercado a poxa cun prezo inicial de 9 millóns de euros.[1] Aínda que se intentou chegar a un acordo co Estado para que este asumise a titularidade da illa, as negociacións foron infrutuosas. O 29 de agosto de 2007 fíxose público que o Goberno intentaría expropiar a illa, aínda que se procuraría chegar a un acordo amigable cos actuais propietarios.[2]
