Arquipélago Chinijo
O arquipélago Chinijo é un conxunto de illas que se atopan ao nordés das illas Canarias, fronte ás costas do sur de Marrocos. Intégrano as illas maiores de Montaña Clara, Alegranza e La Graciosa (a única habitada con 658 habitantes, INE 2006), así como os pequenos illotes de Roque del Este e Roque del Oeste. O nome procede do vocábulo local chinijo, que quere dicir "pequeno", en alusión á súa condición de miniarchipiélago dentro das illas Canarias.
Está situado sobre unha ampla plataforma submarina de menos de cen metros de profundidade, aínda que nalgúns puntos pode chegar a alcanzar os douscentos metros. Posúe unhas 19.270 hectáreas que pertencen ao municipio lanzaroteño de Teguise, na provincia das Palmas.
Conta cos espazos protexidos da Reserva Natural Integral dos Illotes e o Parque Natural do Arquipélago Chinijo. O parque tomou a súa condición de espazo protexido en 1986, e foi reclasificado e recoñecido como zona de especial protección para as aves en 1994.
Este arquipélago constitúe a reserva mariña máis grande de Europa con 700 quilómetros cadrados.[1]
[editar] Notas
- ↑ A xoia mariña do arquipélago Chinijo. Reportaxe no diario El País.
