Alboíno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O asasinato do rei Alboino, de Charles Landseer, Leicester Galleries.

Alboíno é rei dos longobardos máis ou menos desde 563 a 572, sucesor do rei Alduíno, seu pai.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras entrar ao servizo de Bizancio con todo o seu pobo, alíase cos ávaros do khagan Baian contra os xépidos e destrúe o seu reino sobre o Danubio sobre o 567, matando ao seu vello rei Cunimundo e casando á forza coa filla deste último, a princesa Rosmunda. Ao principio do ano 568, se cadra por desconfianza cara os ávaros, pero tamén ao corrente da inestabilidade do dominio bizantino en Italia despois da guerra gótica, decide a migración do seu pobo cara a Italia do Norte, non sen ter concluído con Baian un dereito de regreso a Pannonia e a Nórica válido durante dous séculos. Diríxese desde alí co seu pobo e con outras tribos, entre as que se contas os xépidos, saxóns e mesmo ávaros, cara Italia partindo do lago Balaton (na Hungría actual) o luns de Pascua do ano 568. Ocupa o Friúl na primavera de 569, facendo da rexión o primeiro ducado longobardo e instalando nel un sobriño seu, Xisulfo, con sede en Cividale, capital do ducado. Desde o nordeste da península, conquista toda a fértil chaira do Po ata os Alpes, así como a Italia central coa excepción de Rávena e de Roma, que se libran del, conservadas polos bizantinos, e instala o seu cuartel xeneral na antiga Regia do rei Teodorico o Grande en Verona. Milán cae ao final do verán de 569 e Pavía capitula despois dun longo e penoso cerco de tres anos (572).

O 23 de xuño de 572, Alboíno é asasinado en Verona mentres dorme a sesta. Segundo a lenda, Rosmunda foi a instigadora desta morte por vinganza, pois o rei a obrigara a beber o viño da vitoria nunha copa feita co cranio do seu propio pai.

Alboíno casara antes con Clotsuínda, unha princesa cristiá merovinxia, filla de Clotario, rei dos francos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Reino longobardo

Segue a:
Alduíno
Alboíno
Precede a:
Cleph