Monumenta Germaniae Historica
Os Monumenta Germaniae Historica (frecuentemente abreviado MGH nas bibliografías e nos elencos de fontes) é unha serie completa de fontes escritas, desde os tempos do Imperio Romano ata o século XVI, atentamente preparadas e publicadas para o estudo da historia de Alemaña.
O instituto MHG[editar]
O instituto (Deutsches Institut für Erforschung des Mittelalters) que xestiona a serie fundouno o politíco e reformista prusiano Heinrich Friedrich Karl vom Stein en 1819 en Berlín, e o primeiro volume apareceu no 1826. Moitos eminentes medievalistas alemáns e doutros países levaron adiante o traballo de recoller e confrontar manuscritos e producir edicións de estudo. O lema escolleito por Stein, Sanctus amor patriae dat animum ("o santo amor pola patria fortifica o espírito") amosa a coincidencia do nacionalismo romántico coa erudición.
O instituto tamén publica outra revista de historia : Deutsches Archiv für Erforschung des Mittelalters (DA).
O instituto trasladouse à Munich no ano 1949.
A serie dos presidentes é a seguinte:
- Georg Heinrich Pertz (1823-1873).
- Georg Waitz (1875-1886).
- Ernst Dümmler (1888-1902).
- Reinhold Koser (1906-1914).
- Michael Tangl (1914-1919).
- Paul Fridolin Kehr (1919-1935).
- Wilhelm Engel (1936-1937).
- Edmund Ernst Stengel (1937-1942).
- Theodor Mayer (1942-1945).
- Friedrich Baethgen (1947-1958).
- Herbert Grundmann (1958-1970).
- Horst Fuhrmann (1971-1994).
- Rudolf Schieffer (1994- ).
A serie MGH[editar]
A colección articúlase en cinco grandes áreas:
- Antiquitates.
- Diplomata.
- Epistolae.
- Leges.
- Scriptores.
Tamén existe unha sección Necrologia.
Abríronse tamén moitas áreas subsidiarias, mesmo unha serie de volumes máis compactos para uso escolar (Scriptores in usum scholarum) e unha serie de estudos especiais (MGH Schriften).
O proxecto, un dos meirandes esforzos colectivos de estudos históricos, continúa no século XXI. No 2004 os MGH, co apoio da Deutsche Forschungsgemeinschaft, deron un paso adiante significativo: todas as súas publicacións que se editaran había máis de cinco anos poden lerse en liña nunha reprodución fotodixital, no sitio web dos MGH.
Ligazóns externas[editar]
- Sitio do MGH (en alemán).
- Sitio dixital do MGH (en alemán).