Cunimundo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cunimundo foi un rei dos xépidos do século VI. Intentou estender o seu reino situado sobre o Danubio e para iso enfrontouse ao Imperio Bizantino; este apela aos seus aliados ávaros e, sobre todo, aos longobardos, dirixidos polo rei Alboíno. Fronte a esta temíbel coalición, Cunimundo é vencido (sobre 565) e morto no combate (ou executado despois?). Os xépidos son decimados e unha parte seguiu aos longobardos a Italia en 568.

Tras ser decapitado o seu corpo (ou o seu cadáver) e o seu cranio transformado en copa, unha das súas fillas, a princesa Rosmunda, tomada como esposa á forza por Alboíno, debeu máis adiante en Italia beber nel ao viño da vitoria (en Verona?).

A copa feita co cranio do rei Cunimundo sería conservada polos reis longobardos. O erudito de orixe longobarda Paulo Diácono veríaa cos seus ollos en Pavía, capital longobarda, cando lla amosou o rei Ratchis.