Aguilar del Alfambra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 40°35′19″N 00°47′39″W / 40.58861°N 0.79417°W / 40.58861; -0.79417 Aguilar del Alfambra é unha localidade e municipio da provincia de Teruel, na Comunidade Autónoma de Aragón. A súa poboación é de 66 habitantes (INE 2009) e a súa superficie é de 39'04 km². Dista 50 km de Teruel.

Economía[editar | editar a fonte]

Actualmente conta con varios negocios: Unha queixaría, un bar, unha granxa de coellos e varios autónomos. Aínda que a maioría do pobo vive da agricultura a gandaría e das pensións.

Clima[editar | editar a fonte]

Temperatura media anual de 8,2° e 530 mm de precipitación anual. Son frecuentes as lixeiras xeadas nas noites de inverno, incluso en olas de frío pódense dar valores que baixen dos -8ºC. Dada á súa altura sobre o nivel do mar, 1302 m, tamén son frecuentes as nevadas.