La Zoma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Zoma é un municipio español situado na Comarca de Cuencas Mineras, da provincia de Teruel, na Comunidade Autónoma de Aragón. Ten unha poboación de 22 habitantes (INE 2008). Está a unha altitude de 1151 metros sobre o nivel do mar. O seu xentilicio é zomito, -a.

Situado a 88 km da capital turolense e a 64 de Alcañiz, atópase delimitado polos municipios de Ejulve ao leste, Gargallo e Cañizar del Olivar ao norte, Aliaga ao Sur, e Castel de Cabra ao leste.

Os seus edificios máis destacados son a parroquia da Asunción da Nosa Señora, de estilo barroco, situada no alto do pobo, e o edificio do concello, do século XVI. Destaca tamén por estar enmarcado dentro dunha paraxe rica en fauna e vexetación autóctonas. Esta paisaxe correspóndese co mediterráneo de interior, con vexetación arbustiva, cultivos de secaño, e bosques de pino e carrasca.

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2007 2008
183 160 145 141 128 120 117 58 46 49 23 22