Gala Placidia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gala Placidia nunha moeda acuñada polo seu fillo Valentiniano III. No reverso, a Cruz cristiá.

Gala Placidia foi unha nobre romana, filla do emperador Teodosio I e de súa segunda esposa Gala, filla á súa vez de Valentiniano I, emperador de Occidente.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Trala morte do seu pai no ano 395 ela permaneceu en Roma xunto á súa tía Constancia, filla do emperador Constancio II e esposa do emperador Graciano. Cando se produciu o saqueo de Roma, os visigodos tomárona como refén e finalmente casou con Ataúlfo, cuñado do rei Alarico.

Coroado Ataúlfo como rei dos visigodos, tivo un fillo con el que faleceu aos poucos meses. Viúva, foi devolta ao seu irmán Honorio, que lla prometeu ao xeneral Constancio III, o cal foi asociado ao goberno do Imperio Romano de Occidente (417). Deste segundo matrimonio tivo dous fillos: Valentiniano III e Honoria. Morreu no 450, despois de gobernar en nome do seu fillo como rexente desde 423 até 437.

En Rávena construíu dúas basílicas. Unha dedicada a San Xoán Bautista e a otra á Santa Cruz. Da segunda só sobrevive o oratorio de San Lourenzo, coñecido como Mausoleo de Gala Placidia. En Roma finalizou a basílica de San Xoán Laterano, hoxe Letrán.