Fritixerno
Fritixerno (en gótico Frithugarnis) (? ? 380), godo tervingio, foi rei dos visigodos de 369 a 380 e destacou entre os caudillos militares que provocaron a caída do Imperio romano de Occidente.
Traxectoria [editar]
Rival de Atanarico II, outro gran caudillo visigodo, Fritixerno (cuxo nomee significa 'Desexando a paz') foi apoiado polo Emperador romano Valente principalmente pola súa adhesión ao arrianismo, unha forma de cristianismo moi estendida nesta época e coa que Valente simpatizaba. En 376, os visigodos, presionados polos hunos, solicitaron a Valente permiso para cruzar o Danubio e instalarse en territorio romano, onde os hunos non poderían alcanzarlles.
Valente autorizou aos seguidores de Fritixerno a que entrasen no Imperio e se instalasén na provincia de Moesia. Serían tratados como cidadáns romanos, pero como contraprestación, debían realizar o servizo militar. A partir do 376 empezou Fritixerno a ter serios problemas para gobernar ao seu pobo, debidos en gran parte ao feito de que moitos seguidores de Atanarico tamén lograron cruzar o Danubio.
En 377, os visigodos pediron axuda ao Emperador para combater as fames negras que estaban arrasando as súas terras. Os gobernadores destas terras, Lucipino e Máximo, non só non solucionaron o problema, senón que o acrecentaron coa súa actitude belixerante. Sen outras alternativas máis que loitar ou morrer, Fritixerno conduciu ao seu pobo á guerra, conquistando en pouco tempo gran parte da provincia veciña de Tracia, moito máis rica. A crise continuou en 378, e o 9 de agosto dese ano Fritixerno vingou a derrota que sufriu o seu pobo na batalla de Naissus, 109 anos antes, inflixindo ao Imperio romano a súa maior derrota militar en séculos, a batalla de Adrianópolis.
A vitoria de Fritixerno pronto levou aos visigodos a controlar a maior parte da Península Balcánica, incluída Grecia. Só pequenas áreas e cidades, como Atenas e Constantinopla, quedaron libres do seu saqueo, en parte debido á falta dos instrumentos de asedio adecuados no exército de Fritixerno.
Fritixerno continuou vencendo aos romanos durante os dous anos seguintes á súa gran vitoria, gañando o recoñecemento como rei da maioría dos visigodos instalados no Imperio. Cando morreu, Atanarico converteuse en rei da totalidade dos visigodos e asinou finalmente a paz cos romanos.
Véxase tamén [editar]
| Predecesor: Alavivo |
Rei dos visigodos 369 - 380 |
Sucesor: Atanarico II |