Aki Kaurismäki
Aki Kaurismäki, nado en Orimattila, Finlandia, o 4 de abril de 1957, está considerado como o mellor director de cinema finés[Cómpre referencia], famoso polos seus filmes ambientados entre as clases sociais máis desfavorecidas, en especial as do norte de Europa, de cotío con situacións e personaxes extravagantes.
Índice |
[editar] Traxectoria
É o fundador xunto co seu irmán Mika Kaurismäki do Midnight Sun Film Festival de Sodankylä e da distribuidora cinematográfica Ville Alpha (que recibe o seu nome en honor da película Alphaville de Jean-Luc Godard).
En 1981 os dous irmáns codirixiron a película documental Saimaa-ilmiö (o síndrome do lago Saimaa, rodada nas beiras do maior lago de Finlandia. En 1987, Aki presenta unha interpretación 'anticapitalista' de Shakespeare con Hamlet liikemaailmassa (Hamlet volve ós negocios). En 1989 dirixe a paradóxica película Leningrad Cowboys Go America un curioso road movie musical. A moza da fábrica de mistos (Tulitikkutehtaan tyttö), de 199O, conta as vivencias sentimentais dentro dunha fábrica. En 1990 Kaurismäki roda Contratei a un asasino a soldo (I Hired a Contract Killer), con Jean-Pierre Léaud, que participou con éxito no Festival Internacional de Cine de Venecia. Logo seguiu A vida de Bohemia (La Vie de bohème), na que en lugar de basearse na musica de Puccini, Aki utiliza música de Mozart e de músicos franceses. En 1994 dirixe Toma o teu pano, Tatiana (Pidä huivista kiinni, Tatjana), unha película practicamente muda, unha das que mellor define o caracter surrealista do traballo de Kaurismäki. En 1996 Nubes pasaxeiras (Kauas pilvet karkaavat) consegue un discreto éxito: a comedia, de ton lixerio, tamén trata da crise económica e do paro. En 1999 dirixe Juha, na que adapta un clásico da literatura finlandesa de Juhani Abo. Esta película, que conta cuns carteis explicativos, non ten diálogos e se presenta como unha antiga película de cine mudo.
En 2002 é premiado no Festival de Cine de Cannes por Un home sen pasado (Mies vailla menneisyyttä).
[editar] Filmografía
- Rikos ja rangaistus (Crimen e castigo)
- Calamari Union, 1985
- Varjoja paratiisissa (Sombras no paraíso), 1986
- Hamlet liikemaailmassa (Hamlet volve ós negocios), 1987
- Ariel, 1988
- Likaiset kädet (Les mains sales), 1989
- Leningrad Cowboys Go America, 1989
- Tulitikkutehtaan tyttö (A moza da fábrica de mistos), 1990
- I Hired a Contract Killer (Contratei un asasino a soldo), 1990
- Boheemielämää, 1992
- Pidä huivista kiinni, Tatjana, 1994
- Leningrad Cowboys Meet Moses, 1994
- Kauas pilvet karkaavat, 1996
- Juha, 1999
- Mies vailla menneisyyttä, 2002
- Dogs Have No Hell (episodio de 10 minutos de Ten Minutes Older - The Trumpet), 2002
- Laitakaupungin valot (2006) (Luces no po)
- Le Havre (2011)
[editar] Documentais
- Saimaa-ilmiö (Saimaa Gesture), 1981
- Total Balalaika Show, 1994
[editar] Curtametraxes
- Rocky VI, 1986 (8 min)
- Through the Wire, 1987 (6 min)
- Rich Little Bitch, 1987 (6 min)
- L.A. Woman, 1987 (5 min)
- Those Were The Days, 1991 (5 min)
- These Boots, 1992 (5 min)
- Välittäjä, 1996?
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Siunattu teknologia!, comprehensive fan site of the films of Kaurismäki brothers.