Abellaruco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abelleiro
Pasq3.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 LC gl.svg
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Coraciiformes
Familia: Meropidae
Xénero: Merops
Nome científico
Merops apiaster
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos
Distribución do Abelleiro

O abellaruco[1][2] ou abelleiro[3][4] (Merops apiaster) é un paxaro rubideiro da familia dos merópidos, insectívoro, as abellas son a súa principal fonte de alimentación.
Vive no sur de Europa, en partes do norte de África e o oeste de Asia. É un paxaro migratorio, o inverno pásao na África tropical ou no noroeste da India. Pode chegar aos 27 ou 29 cm. É un paxaro con cores ricas, a gorxa amarela, o peito verde e ás azuis e verdes. O seu hábitat é o campo aberto e entre árbores e matos esparexidos, nun clima cálido. Aliméntase de insectos voadores, en especial abellas, pero tamén avespas, cázaas no aire; antes de comer as abellas quítalles o aguillón golpeándoas contra o chan, pode comer arreodor de 250 abellas ao día.
Os abelleiros son gregarios, aniña en colonias nas ribeiras dos ríos, escavando buratos ou tobos, xeralmente ao comezo de maio. Tanto o macho como a femia coidan dos ovos.

[editar] Notas

  1. Conde Teira. M. A. (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada. Chiogossa, 1: 121-138
  2. Penas Patiño et al Guía de aves de Galicia. Baía Edicións, 2004
  3. Dicionario Ir Indo
  4. Gran Dicionario Cumio
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas