Ácido behénico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ácido behénico.
Nome IUPAC: ácido docosanoico.
Outros nomes: ácido 1-docosanoico, ácido n-docosanoico, n-docosanoato, C22:0.
Número CAS: 112-85-6.
O ácido behénico extráese da árbore Moringa oleifera.

O ácido behénico[1] ou ácido docosanoico[2][3] é un ácido graxo saturado de 22 carbonos coa fórmula C21H43COOH. Ten a aparencia de cristais ou pos brancos ou cor crema cun punto de fusión de 80 °C[4] e un punto de ebulición de 306 °C.

Como aceite alimentario o ácido behénico absórbese mal.[5]

Fontes[editar | editar a fonte]

É o principal compoñente do aceite de behén co 9% do total, que se extrae das sementes da árbore Moringa oleifera. [6]

O ácido behénico está presente tamén noutros aceites vexetais, como o aceite de colza (canola), o aceite de cacahuete e tamén en aceites de animais mariños[7].

Usos[editar | editar a fonte]

Comercialmente o ácido behénico pode utilizarse para darlle suavidade aos acondicionadores de cabelo e cremas hidratantes[7]. Tamén se usa nos aceites lubricantes e como retardador da evaporación de disolventes, e ceras.

A redución do ácido behénico orixina behenil alcohol.

Debido á súa natureza anfipática, investigouse o seu uso en monocapas ou películas de Langmuir-Blodgett[8] .

O aceite de pracaxi (extraído das sementes de Pentaclethra macroloba) é un produto natural cunha das concentracións máis altas de ácido behénico coñecidas, e úsase en acondicionadores de cabelo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. PubChem - Behenic acid [1]
  2. ChemSpider - Behenic acid [2]
  3. CHEBI [3]
  4. "Lexicon of lipid nutrition (IUPAC Technical Report)". Pure and Applied Chemistry 73 (4): 685–744. 2001. DOI:10.1351/pac200173040685. http://iupac.org/publications/pac/73/4/0685/.
  5. Cater NB, Denke MA. Behenic acid is a cholesterol-raising saturated fatty acid in humans. Am J Clin Nutr. 2001 Jan;73(1):41-4. PMID 11124748. [4]
  6. http://www.numericana.com/answer/culture.htm
  7. 7,0 7,1 Docosanoic acid. Cayman chem. [5]
  8. L. Michael Hayden. Local-field effects in Langmuir-Blodgett films of hemicyanine and behenic acid mixtures.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]