Ácido araquídico
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- Non se debe confundir con ácido araquidónico.
Ácido araquídico.
Nome IUPAC: ácido icosanoico.
Outros nomes: ácido n-eicosanoico; ácido aráquico; ácido araquidínico[1]; C20:0.
Número CAS: 506-30-9.
Nome IUPAC: ácido icosanoico.
Outros nomes: ácido n-eicosanoico; ácido aráquico; ácido araquidínico[1]; C20:0.
Número CAS: 506-30-9.
O ácido araquídico[2], tamén chamado ácido eicosanoico ou ácido icosanoico, é un ácido graxo saturado de 20 átomos de carbono. É un constituínte menor do aceite de cacahuete (Arachis hypogaea), no que supón do 1,1% ao 1,7%,[3] e do aceite de millo, no que supón o 3%.[4] O seu nome deriva do latín arachis, cacahuete. Os seus sales e ésteres son os araquidatos. Pode formarse por hidroxenación do ácido araquidónico.
A redución do ácido araquídico rende alcohol araquidílico.
O ácido araquídico utilízase para a produción de deterxentes, materiais fotográficos e lubricantes. Utilízase como película orgánica fina na produción de cristais líquidos con múltiples aplicacións técnicas. [5]
Notas [editar]
- ↑ PubChem compound Arachidic acid
- ↑ ChemSpider Arachic acid
- ↑ Beare-Rogers, J.; Dieffenbacher, A.; Holm, J.V. (2001). "Lexicon of lipid nutrition (IUPAC Technical Report)". Pure and Applied Chemistry 73 (4): 685–744. DOI:10.1351/pac200173040685. http://iupac.org/publications/pac/73/4/0685/.
- ↑ U.S. Department of Agriculture, Agricultural Research Service. 2007. USDA National Nutrient Database for Standard Reference, Release 20. Nutrient Data Laboratory Home Page
- ↑ CHEBI arachidic acid
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||