Ácido cerótico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ácido cerótico.
Outros nomes: ácido cerínico.
Número CAS: 506-46-7.
Masa molar: 396.69 g/mol.

O ácido cerótico ou ácido hexacosanoico, é un ácido graxo saturado de cadea longa de 26 carbonos coa fórmula química CH3(CH2)24COOH[1][2]. Atópase sobre todo na cera de abella e na cera das follas da planta Copernicia prunifera (unha palmeira). É un sólido cristalino branco cun punto de fusión elevado (88ºC) debido á súa longa cadea insaturada[3].

O ácido cerótico pertence ao grupo dos ácidos graxos de cadea moi longa que están a miúdo asociados á enfermidade adrenoleucodistrofia, na cal está implicada a excesiva saturación de ácidos graxos non metabolizados no peroxisoma, como o ácido cerótico.[4] Os seus niveis elevados no plasma poden estar asociados tamén con arteriosclerose[5] e síndrome metabólica.[6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. PubChem compound Hexacosanoic acid
  2. CHEBI Cerotic acid
  3. ChemSpider Cerotic acid
  4. Takuro Kobayashia, Nobue Shinnoha, Akira Kondob, Takeshi Yamadaa. Adrenoleukodystrophy Protein-Deficient Mice Represent Abnormality of Very Long Chain Fatty Acid Metabolism. Biochemical and Biophysical Research Communications. Volume 232, Issue 3, 27 March 1997, Pages 631–636. PMID 9126326 [1]
  5. Antoku Y, Tsukamoto K, Miyoshi Y, Nagino H, Anezaki M, Suwa K, Narabe Y. Correlations of elevated levels of hexacosanoate in erythrocyte membranes with risk factors for atherosclerosis. Atherosclerosis. 2000 Nov;153(1):169-73. PMID 11058712 [2]
  6. Kume A, Miyazaki T, Kitamura Y, Oshida K, Yanagisawab N, Takizawa H, Fujii K, Kiyanagi T, Sumiyoshi K, Ohmura H, Mokuno H, Shimada K, Daida H. High levels of saturated very long-chain fatty acid (hexacosanoic acid; C26:0) in whole blood are associated with metabolic syndrome in Japanese men. Diabetes Res Clin Pract. 2008 May;80(2):259-64. doi: 10.1016/j.diabres.2007.12.014. Epub 2008 Feb 1. PMID 18242759. [3]
  7. Cayman chemical [4]